Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
14
15
16
17
18
19
sabido que nesa altura no terreo da historia e da xenealoxía teñen cabida as máis extravagantes conxecturas. Fernando III o Santo é a outra posible identificación; a súa media natureza galega parece máis facilmente conxecturable cá do anterior, e de feito foi defendida polo erudito Sarmiento xa no séc. XVIII. A pechazón da vogal, visible na distribución diatópica actual (medo, centrooccidente / e/ vs. oriente / 3/), está xa atestada no corpus poético medieval, onde medo está en rima con cedo, quedo, Toledo, dedo e acedo. Con este sistema de notación queremos indicar, aquí e noutros lugares, que a forma con itálicas da copia que serve de base á nosa edición (adoito ms. B) se corresponde na outra copia coa forma gráfica incluída entre parénteses agudas. O ditongo en non ofrece dúbidas. Canto a , a consideración do hiato obrigaría a facer unha sinalefa na secuencia seguinte de tres vogais, a pesar da pausa e de que a intermedia está por forza tonificada (?¿non ves tua dita, oh ollo, e gran ventura??). Cfr., tamén ante oclusiva, amozcar, cazcarra, mázcara..., pezpiñeiro, pezpuño, pezpor..., incluso pezpunte. Este é un fenómeno que hoxe se dá desde o Cantábrico ata a fronteira portuguesa, nunha franxa oriental de extensión desigual segundo as palabras, con maior penetración cara ao oeste na parte norte. Estas formas contractas da prep. con cos demostrativos e o pronome persoal forman hoxe áreas de concentración considerable no sur de Galicia ?Ourense, sur de Lugo, centro e sur de Pontevedra? e tamén pequenas áreas disgregadas no límite nororiental e no noroeste da Coruña; ademais pódense atopar testemuños salferidos noutros lugares, sobre todo das amálgamas cos demostrativos. De aí deducimos que o repregue se produce cara ao sur; de por parte, decaen de xeito xeral no uso, pois en moitos lugares só existen na lingua dos vellos. Lémbrese, con todo, a dúbida exposta máis arriba sobre unha posible lectura ?en pago de tal nova etas, albrizas?.
? ?
20 Hoxe son abundantes as documentacións de cinguir e outros membros patrimoniais da familia (cinguideira, cinguideiro, cinguidoiro...) en todo o territorio galego, pero non ocorre o mesmo para un eventual cinxir que non demos testemuñado en ningures. Iso explica que os nosos lexicógrafos acollan decontino cinguir, con diferentes significados rectos ou traslaticios, en tanto que cinxir só se incorpora secundariamente e por vía culta. 21 No galego medieval as formas da CII son características da variedade dialectal tudense (Maia 1986: 729730), circunstancia que as fai aínda menos esperables na nosa canción. 22 No Diccionario da RAE (1852), tras a definición ?Hacer sonido por repercusión o sonar mucho?, engádese ?En poesía se halla usado como activo?, un comentario gramatical que se mantén aínda na edición de 1992, para as dúas acepcións do verbo, que na entrada se define como intransitivo (http://buscon.rae.es). 23 Consideramos tamén a posibilidade dunha lección ?¿non ves túa dita ó ollo...??, cunha locución ó ollo 'de xeito patente, evidente...' (cfr., por ex., a ollos vista), pero non nos foi posible documentar nin a súa existencia nin a compatibilidade doutras semellantes co verbo ver. Esta lección faría algo menos forzada a sinalefa en . 24 No Diccionario da RAE (1791) EMPLEA figura con entrada propia, ?ant. Lo mismo que empleo, ó mercaderías, en que se emplea el dinero para comerciar?, e así se mantén sen cambios substanciais (en 1914 suprímese ?Lo mismo que empleo, ó?), aga en 1927, 1950 e 1989, en que só se dá con asterisco e como dialectalismo colombiano co significado de ?empleita, pleita? (http://buscon.rae.es). En DLP, empreita ~ empreitada ?obra que um ou mais indivíduos se encarregam de fazer para outrem, mediante retribuição estabelecida no acto do ajuste; contrato pelo qual uma das partes se obriga em relação à outra a realizar certa obra, mediante um preço; tarefa; trabalho que se ajusta em globo, não em dias?.
305
Nº 362