Imprimir
|
Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
(a) No v.1 B escribe Ora se, con sobreescrito, pero A mantén Ora se. (b) No v.5 B emenda pois sobre a forma castelá pues; A le igualmente pois. (c) No v.6 B insire sobrepoñéndoo en quentras; para maior claridade fai unha chamada á marxe esquerda para anotar e as; A escribe quentre as. (d) No v.35 A parece que escribe e logo emenda en , en B lese . (e) No v.52 de B o segundo a de cabaleria está escrito sobre outro grafema e clarifícase a emenda reescribindo cabaleria na marxe; en A lese cabaleria. (f) No v.60 de B, fin da estanza VII, sáltase á estanza IX. Eméndase cunha chamada co signo # que remite ao folio 171r, onde, con letra máis descoidada, se inclúe a estrofa que A sitúa no lugar que lle corresponde. (g) O v.86 está escrito a continuación na interliña e como substituto dun verso riscado, onde parece lerse ou , en lugar do definitivo , coma o que figura en A. (h) No v.95 B risca enbreue en para emendar con , que é o que le A. (i) No v.97 B escribe , mais logo risca bondad e emenda en , que é a lectura de A. (j) No v.98 B superpón terran á forma riscada ; A le terran. (k) No v.107 B risca , que non fai sentido co que vén a seguir, e introduce face, lección tamén de A. Esta lista de emendas na copia B presupón, pola súa natureza, a intervención dunha man autorizada, en particular as que numeramos como 6, 7 e 8. Ademais, a emenda 6, que refai por completo un verso, riscando outro preexistente, totalmente distinto, exclúe a posibilidade de que B sexa un testemuño derivado de A. Tampouco se aprecian erros comúns que permitan remontar ambas as copias a un mesmo testemuño. Por outra banda, sen ser obrigado, nada impide considerar, que A sexa traslado en limpo de B, introducindo variantes típicas de copista, debidas en moitos casos a vacilacións propias de quen non está familiarizado coa escrita en galego8. Máis difícil é establecer a identidade das mans. Por algúns trazos ms. A parece de man diferente da de ms. B, en particular polos grafemas e , pola maior profusión de <ç> en A, trazado de xeito diferente, pois o diacrítico neste texto é unha coma que deixa a parte cóncava cara á esquerda <,>, mentres que en B abre cara á dereita >, e, igualmente, porque o trazo predominante das vibrantes é tamén distinto. En canto á man das emendas en B, o seu menor tamaño dificulta unha identificación segura coa man do texto en que se insiren e coa man da estrofa engadida. Se denominamos B1 a copia B sen emendas nin estrofa engadida, podemos conxecturar que o escribente ten ms. B1, borrador autógrafo ou traslado que podería cote253 Nº 364
|
|