BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos de investigación e estudio
? 1596, xullo 13. Melchor de Teves insiste na necesidade de que Gaspar se empregue no servizo do Adiantado: «A d. Gaspar escribo se baya con el adelantado o se venga aquí con esta ocasión». Menciona a morte da súa cuñada, que é a nai de Gaspar: «No a sido posible disimular la muerte de mi cuñada porque se divulgó de manera por cartas de Madrid y por el prior de Puentes Deume su hermano que me a sido forçoso sacar lutos a toda prisa» [RB II/2109, 56]. ? 1596, xullo 23. Melchor de Teves, finalmente, participa a Gondomar a resolución do seu sobriño Gaspar de Teves: «Parézeme que don Gaspar tomo una rresolución de hirse con el adelantado si toma mi parezer por que ninguna cosa le está tan bien ni a nayde tiene tanta obligación en España. Debe de estar sentidísimo de la muerte de su madre e yo lo estoy también, que hera la mejor muger del mundo» [RB II/2109, 57]. ? 1596, xullo 30. Francisco de Villapadierna dende Valladolid, anota no post scriptum da carta que envía ao conde: ?Olbidábaseme ese romançe al tiempo que yço todo este mayo mui aspero, es de Gaspar de Tebes? [RB II/2157, 304]. ? 1596, outubro 15. Francisco de Villapadierna menciona, dende Valladolid, a morte de Gaspar de Teves [RB II/2157, 1]. Tal e como se deduce da alusión ao río Mandeo6 no v.18, o poeta sitúase nalgún lugar das súas ribeiras, pero non puidemos localizar datos que sitúen este Gaspar de Teves nesa contorna, aga a mención de Pontedeume na carta de 13 de xullo de 1596 citada arriba. É máis, nin tan sequera puidemos comprobar o vínculo da orixe da familia Teves co reino de Galicia, aspecto imprescindible para fundamentar a atribución do poema a Gaspar. As pesquisas nesta liña foron bastante infrutuosas, salvo raras e breves alusións a unha procedencia galega indeterminada ou dalgún lugar impreciso da fronteira entre Galicia e Portugal (Crespo Pozo: IV 406 e 422, cit. O. C. [i.e. Oxea ? Cadaval, BNM Mss. 6631 e 3998]). O único dato relevante para afirmar a natureza galega de Gaspar, pero obviamente insuficiente, é o parentesco de irmandade da súa nai co prior de Pontedeume, que se desprende da carta mencionada arriba datada en 13 de xullo de 1596. En definitiva, tan só novas aportacións que contribúan a identificar o prior de Pontedeume ou engadan datos biográficos sobre o propio Gaspar poderán confirmar ou rexeitar esta hipótese de atribución do poema7. 1.2. AS DÚAS COPIAS, A TRANSMISIÓN
E A OCASIÓN DO POEMA
Segundo sinalamos arriba, existen dúas copias do poema. No seu aspecto máis externo, a que ocupa os fols. 165r167v (A) é máis limpa, sen emendas nin riscos; a copia B, nos fols. 169r171r, é menos pulcra, presenta riscadelas, correccións interlineais e engadidos. As variantes máis significativas de B respecto de A son as seguintes:
Nº 364 252