Traballos de investigación e estudio
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
nunca guardo borradores, y assí no e hallado más que esto con que escrevir a Vm, pero para echar mis faltas en la calle sobra esto [RB II/1581, fol. 180r].
E alude a continuación a outras dúas tarefas que realiza a petición do conde: «Las bullas no e podido trasladar ni picar las flores de lis que hechas están y muy buenas...». Os folios precedentes (fols. 178 e 179) conteñen os sonetos: o primeiro dedicado a don Diego Sarmiento de Acuña, o segundo ao escudo das súas armas e o terceiro á duquesa de Veraguas. O primeiro, que comeza ?Si subir puedo el mal limado canto?, consérvase en tres copias e unha delas é o borrador. Parece, pois, que Gondomar observou o consello do frade e mandou poñelo nese cartapacio. Unha carta enviada a fins de 1595 [RB II/2162(41)] ofrécenos máis datos da relación deste capelán e o seu señor; nela volve sobre as bulas e di que non as atopa, pero que así que as teña as porá en romance, e menciona tamén o bordado dunhas cruces e flores. Outro grupo importante da segunda parte deste volume constitúeno os poemas de Fr. Miguel Cejudo, con quen Gondomar mantiña relación epistolar, na que consta o envío por correo ordinario como medio de transmisión poética deses textos5. Un deses poemas está dedicado ao conde (véxase transcrición en Apéndice). Pero máis importante polo que afecta á nosa canción é a nota, á fin dunhas coplas, que di: «Después de averse conpuesto es[tas] coplas, conpuso las que se siguen don Gaspar de Teves». As coplas atribuídas a Gaspar de Teves, que comezan «Vino desde tierras lueñas», ocupan o fol. 164rv, e no seguinte folio comeza a «Canción Galega en loor de don Diego das Mariñas Parragués». É obvio que, dado o carácter de aluvión que impera na conformación do cartapacio, este criterio de contigüidade non abonda para propor a atribución da canción a don Gaspar, pero impón o exame doutros datos que lle atanguen. Pola correspondencia de Melchor de Teves, seu tío, co conde de Gondomar, coñecemos a afección poética de Gaspar e algúns datos biográficos: ? 1596, maio 8. Melchor de Teves, desde a Coruña, dá noticia a Diego Sarmiento de Acuña da visita do señor arcebispo de Santiago: «le emos visitado todos y el a nosotros en nuestras casas y así emos quedado mui amigos y le emos echo toda la cortesía del mundo». E, ao remate, comunícalle que «las coplas bi, y las unas son de d. Luis de Góngora, y las de d. Gaspar son mucho mejores y de hombre que aún en disparates es más conçertado». Comunica tamén a chegada do «adelantado por general de la mar y trae la armada a Ferrol y con ello le da el gobierno de la tierra porque no aya tantas caveças...» [RB II/2109, 51]. ? 1596, xullo 12. Melchor de Teves informa a don Diego do seu desexo de que Gaspar vaia co Adiantado: «A d. Gaspar escribo que se baya con el adelantado y que no aga otra cosa y al adelantado que se lo mande». E láiase de que malgaste o seu tempo en Valladolid: «Es lastima que esté haciendo coplas en Valladolid tiniendo tan buen sugeto para serbir» [RB II/2109, 55].
251 Nº 364