BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre Avilés de Taramancos no Día das Letras Galegas
Un vello poema de 1992 En memoria de Antón
En Santiago apretei unha vez a túa man sen mesura Aquela man ausente eu non sabía onde Se cadra pode caber o tempo nun espello mar ó W. e ás veces unha bágoa como o mar asolaga o corazón indisoluble Tal vez preto de Noia principian os espacios da patria A inicial moradía batendo contra o océano para acadar a morte... Pode ser que nos Andes conclúa o testemuño dun vivir insondable e puro viño acedo de palabras caucanas e esmeraldas con idades perdidas no misterio Aves do Paraíso Paraíso das aves nun delirio de luz Brevísimos incendios de colibrí na boca Non esquezas e vira bruscamente E sempre tal un ferro no peito ardua Galicia Luz Pozo Garza A Coruña 28Septembro1992 ?Luzes de Galicia?
Nº 364
218