Alocucións académicas sobre Avilés de Taramancos no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
noso Breogán capaz de ver o mundo enteiro dunha ollada. A nosa torre. O noso Aleph: ?Onde están sen confundir, todos os lugares do orbe, vistos dende todos os ángulos?. Torre de Breogán. Patria do mundo. Lugar de Taramancos. Paraíso e aínda así ser aves libertarias... Se había flores ventureiras e rosas vespertinas e aguzadas espiñas preto do corazón... Se a palabra era acesa para falar con todos e ó amencer se incendiaba dun fulgor nunca visto pois era a luz roubada por algún deus clemente para nos dar ós homes parte da súa lucenza... Se aínda así era todo tan breve e era tan reducida aquela terra nosa ¡a carballeira misteriosa era só unha gaiola apaixonada de rechouchíos e de estrelas! Quizais... a mediados de marzo o cuco adiantaba o seu reloxo existencial e ó son desas cucadas contabamos os anos que tiñamos de vida... e sempre eran tan poucos... De tanto amor roxaba o paporrubio polo peito como as aves sagradas. E a tola da bubela zoupona e fedorenta sacudía o penacho en voos intermitentes que nós interceptamos... ¡Paraíso perdido! E todo fica intacto no centro da memoria e sabemos do lume sempre aceso nas lareiras da Patria agardando por nós agardando por nós agardando por nós...
Día das Letras Galegas, 17 de maio de 2003
217
Nº 364