BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre Avilés de Taramancos no Día das Letras Galegas
que estás máis preto da patria. Ou peor que acreces na morriña que non é morte pequena senón Brava ? Áspera ? Violenta e Batente... ... e xa se sabe como a saudade pode ás veces cofundar patrias ó unísono moradías do vento iniciais e aínda Cantos de cóndor de anovado sangue como ríos en demasía desbordados... ou Cauca ou Magdalena ou país de mil ríos que asolagan o tempo e o corazón ancora no medio xusto xusto da nostalxia tal o Nudo de Pasto que verte amor ultramarino en dirección a Noia mesmamente. ¿Págase un alto prezo? Pagarías meu rapaz ventureiro pero recuperabas as almas dos antergos nestes fillos caucanos e nesta dona andina que podería ser princesa. Que tamén eles atan mundos con lazos en verbas colombinas con aves turbulentas libertarias e araucarias insomnes mesmo míticas. Foron os días longos e a Patria nosa entraba na materia dos soños pois era tan real... tan ardentía E outra volta: velaquí ó Antón sentado no vello mazadoiro ó pé da porta da soleira en vías de intentar a última fuxida ós dominios eivados do Rimbaud que aborreceu as letras polas armas o caucho o almiscre e o marfil ? mais iso era tal vez un símbolo extremado ? e o Antón a visionar como nunha película a vida toda dunha ollada pois as portas da Patria están mirando fóra... Mais se regresas coa saudade dun tempo amado de araucarias e bosques primixenios de madeiras fresquísimas e choras e lamentas tanta intacta harmonía será que hai outras patrias e ficas malferido na propia liberdade sen lindes e sen pazos pois era o corazón o lugar inclemente para fundar os días e os vasos delicados das esencias e acaso as aves libertarias. Porque fuxir fuxir marchar sen saber a onde como unha lei imposta como un rito ou un reto e arelar esa luz a luz de lonxe que nunca conciliamos e ás veces nalgún astro e outras veces ? as máis ? no candil de petróleo da Pepa da Pastora a raíña das ceifas matriciais cando todo era puro e delongado como o primeiro día como un bico... ...unha terra onde o ser ficaba ardido pero sen consumir. Tal un facho irredento como a torre do
Nº 364 216