Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
ble ou axeitado concibir a Sarmiento como tal? Eu afirmo que si. Sarmiento, entre outras moitas das súas facianas de erudito, foi un anticuario, e ademais un dos máis sobranceiros anticuarios españois do seu tempo. Sarmiento actuaba como anticuario cando examinaba as antigüidades de Galicia: o pasado preromano e romano, así como os tempos medievais. Para iso utilizaba as fontes e os métodos que viñan sendo propios dos anticuarios europeos dende o século XV (e que, á derradeira, derivaban da archaiologia grega e das antiquitates romanas). Que Sarmiento coñecía boa parte da tradición ?anticuarista? europea amósao a grande cantidade de obras que sobre os temas propios das antigüidades incluía a súa biblioteca. No Catálogo de Autores dos que posuía libros, Sarmiento insería o epígrafe ?Inscripciones, Medallas y Antigüedades?, dentro do cal se incluían 153 obras, entre as que se contaban os quince volumes da famosa L´Antiquité expliquée et représentée en figures do bieito Bernard de Montfaucon; os primeiros volumes do Recueil d´antiquités do Conde Caylus; os libros consagrados ás escavacións da cidade romana de Herculano; ademais dunha manchea de escritos de anticuarios italianos, franceses, españois ou portugueses. A estes había que engadir moitos máis libros de temática anticuaria que estaban incluídos baixo diferentes categorías: manuais de mitoloxía; investigacións sobre os xeroglifos exipcios; antigüidades eclesiásticas (entre as que salientaban as obras dos monxes bieitos de SaintMaur, congregación parisina famosa polos seus traballos eruditos e á cal pertencían autores de tanta sona como dom Jean Mabillon ou dom Bernard de Montfaucon); estudios de cronoloxía e de concordancias bíblicas; antigüidades hebraicas e orientais; antigüidades de Gran Bretaña, Alemaña, Francia e dos países escandinavos, representadas por autores como William Camden, Philip Cluverius, Étienne Pasquier, Claude Fauchet, Paolo Emilio ou Olao Magno. E noutro dos seus escritos recomendaba como ?libros muy curiosos y selectos? para a biblioteca dun particular algúns dos fitos senlleiros da literatura das antiquitates: as Inscriptiones antiquae totius orbis Romani de Ianus Gruterius; os doce volumes do Thesaurus antiquitatum Romanorum de Johannes Graevius; o Thesaurus Graecarum antiquitatum de Johannes F. Gronovius; De re diplomatica de Jean Mabillon; o Glossarium archaeologicum de Henry Spelman; os traballos de Jacques Spon sobre epigrafía e os de Ezechiel Spanheim sobre numismática; o libro de Nicolas Bergier acerca das vías romanas; todas as obras de dom Montfaucon; o estudio das inscricións gregas dos Mármores de Paros, etc. Fica, pois, demostrada a estima que sentía frei Martín polo amplo eido das antigüidades, así como a familiaridade cunha parte considerable da producción erudita sobre o tema que fora redixida entre os séculos XV e XVIII. Polo tanto, non hai dúbida de que as súas actividades como anticuario se alicerzaban con firmeza na literatura dispoñible por entón. Nos seguintes apartados ollaremos con meirande atención aqueles trazos máis salientables do seu labor como anticuario: primeiro as achegas ás antigüidades galegas; despois
145 Nº 363