BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Manuel Lugrís Freire
cil recoñecemento público. Vai polas casas, porta con porta, a facer os primeiros abonados, a convencer os veciños da conveniencia de contar con auga corrente nas súas vivendas, como símbolo inequívoco de modernidade e progreso. E así vai acadando os seus obxectivos de poñer en marcha o servizo que habería de ser xa o seu traballo para toda a vida. Tenedor de libros, secretario do Consello, xefe administrativo etc. A súa práctica na Empresa é un trasunto máis da globalidade que integra un conxunto de ideas que entran no campo político, cultural e ideolóxico. Como mesmo na vida familiar. Casado en segundas nupcias, como xa dixemos, nacen sucesivamente os seus fillos Manuel (1903), os xemelgos Secundino e Pilar (1905), Urbano (1908), pintor do mar que ten tamén a vea poética longa e intensa do seu pai, pero a quen soborda a súa condición de artista plástico non sendo apenas coñecida a súa faceta literaria, e, por último, Purificación (1909), a benxamina que moi nova marcha casada a Portugal de onde non retornará. Son anos de normalización familiar. Traballo, fogar, amigos e a continua actividade que non cesa. É inquedo por natureza e mesmo esa inquedanza se manifesta nas mudanzas de domicilio que se suceden en escaso período de tempo: Panadeiras, Cidade Xardín, Feijoo, San Andrés... Como á procura dun algo que non se concretiza en nada material. Son anos de relativa satisfacción persoal, só rachada en 1926 e 1927 coas mortes dos seus irmáns Isolina e Plácido, respectivamente, que adquiren, naquela benfadada situación, a intensidade relativa que todo pasamento ten. Lugrís crea tamén un universo especial co seu contorno familiar. Temos noticias gráficas da súa entrega a esta vida entrañable que tanto o enche. Paseos, excursións, visitas didácticas? A zona de Monte Alto é a preferida. Atópase coa alma cívica de Galicia e alí está ledo cos seus fillos xogando no berce verde de Breogán. Mesmo inventa unha bebida refrescante a base de gasosa e sinalco que bautiza como ?vicisugo? e que prepara convenientemente nas tardes calorosas de verán para tomar naquelas paraxes abertas ao mar océano na compaña dos seus cinco fillos. Son horas inesquecibles e por vez primeira, en anos, séntese realmente feliz. Penetra a esencia de Galicia no seu entronque físico e social como sinónimo de liberación e cultura, como síntese de reforzamento moral. E eses mesmos eixes serán os alicerces nos que se basea a súa presenza política. Porque Lugrís Freire, independentemente da súa condición de escritor, poeta ou lingüista ten, sobre todo, unha enorme prestancia de político. E políticos son os seus prantexamentos sobre a situación do país. E de político nacionalista no máis estrito sentido da palabra, dedicado en todas as facetas da súa vida a este propósito. Eran tempos en que os intelectuais debían ser polifacéticos por necesidade. Di Uxio Carré:
De los que se señalaron en la meritoria labor de encuazar nuestra entonces desquiciada literatura, es uno de los principales Manuel Lugris Freire. Honra de nuestras letras, si las andanzas políticosociales en que, por el bien de Galicia anda metido, no le desvian del camino, a Lugris está reservado honrosísimo puesto en nuestro renacimiento literario.
Nº 367
66