BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Manuel Lugrís Freire
rencia de toda caste de sosego e compracencia. Evidente é o título dunha destas composicións: ?Sempre Viva? e tamén atopamos unha nova apelación de tipo relixioso ?Agnus Dei? que non se repite en futuras obras. O epitafio que fai esculpir no seu mausoleo é significativo: ?Conchita, la muerte no impide que vivas en mi corazón?. En todo caso, Noitebras é un libro cun estilo e unha lingua máis evolucionados, que contén tamén poemas de tipo reivindicativo e de mítica evocación da epopea histórica da nación galega e que, segundo Carballo Calero, xa representa unha versificación máis firme e segura. Así regresa no ano 1896, cando a enfermidade asoma xa na súa nova esposa cubana, que falece tres anos máis tarde e que é soterrada no cemiterio mariño de Santo Amaro, nun panteón que merca por mil pesetas, cantidade enorme para aquela época e no que inviste practicamente case todos os seus aforros americanos. Poucos anos antes tamén sufrira a perda da súa nai coa que mantiña unha fonda raigaña sentimental. Golpes psicolóxicos que afunden a Lugrís nunha profunda depresión, que perdura durante moito tempo e unicamente a vida cultural, á que se somete con progresiva intensidade, a prolífica creativa poética, a preparación de obras de teatro que naquela época toman o meirande esplendor na súa obra son quen de permitirlle saír do estado depresivo e volver a tomar partido pola normalidade dun mozo que aínda está en idade de participar na escasa, pero ás veces interesante, vida mundana dunha cidade periférica. E contrae novo matrimonio con Purificación González Varela, profesora de piano da Escola de Maxisterio, e irmá do pintor Urbano González, naquel tempo presidente da Asociación da Prensa coruñesa. Lugrís, efectivamente frecuenta os faladoiros e cenáculos da intelectualidade local, levando a mensaxe galeguista alí por onde a súa potente voz se deixa ouvir. Intenta refacerse, atopar no activismo público e, mesmo no confronto ideolóxico, unha razón de ser na súa vida, que xa coida que se realiza novamente co casamento antedito. E así como o retorno a Galicia marca, xa que logo, un período de abatemento pola morte de Conchita mais, tamén, logo de superado ese goio psicolóxico, unha nova etapa de vitalismo que o leva a figurar, por exemplo, entre os corenta e catro asinantes do Manifesto fundacional de Solidaridad Gallega, a xeito de réplica do que significaba Solidaridad Catalana á inestabilidade crítica do sistema canovista. Xorde, esta agrupación políticosindical, no desenvolvemento do rexionalismo aínda imperante e, a súa deriva cara ao mundo rural galego en detrimento dos segmentos urbanos, suporá un forte desenvolvemento do agrarismo e unha mobilización do campesiñado, descoñecida até aquel entón. É unha época de marca ideolóxica dentro do fío condutor que seguirá coas Irmandades da Fala e o Partido Galeguista e que se manifesta como o primeiro intento de sistematizacion política desde os tempos de Antolín Faraldo. O Manifesto é unha chamada á participación, unha proclama para derrotar o caciquismo vixente coa rexeneración do sufraxio tras a conseguinte ?educación? do electorado, sobre todo á vista do éxito acadado en Cataluña pola organización homónima. Desexan os solidarios o pulo dos terriNº 367 64