BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Manuel Lugrís Freire
ticipa desde a nenez en Sada, a beber no protagonismo do devir diario das vítimas da vida: mariñeiros, labregos e todos aqueles que conforman, dalgún xeito, o pequeno mundo do pobo que se manifesta acotío arredor seu, aquela situación social que ten unha denominación propia: dependencia externa do país, e o convencemento de que a solución a todos os problemas está en asumir cotas de decisión e, polo tanto, a dispoñer dos recursos propios sen inxerencias alleas. Esta idea central estará presente tanto na súa poesía coma no seu teatro, contos, relatos etc. É, en suma, a síntese, quizais un tanto difícil de sistematizar, do seu ideario humano e político e que escorre, permanentemente, na súa obra literaria. Nace na cidade de Sada, entón soamente vila, sendo fillo de Manuel Lugrís e Socorro Freire, o día 11 de febreiro do 1863, nunha casa da praza de San Roque, no seo dunha familia oriúnda da zona de Dexo e Mera, con estadía temporal no barrio de Fontán por parte do seu avó, da casa dos Caxigal que renderan ?bos traballos a El Rei? xa en tempos da dinastía dos Austrias, como testemuñan antigos atados familiares, téndose el como do avoengo da casa de Andrade, seguramente máis nas arelas de fantasía integradora que na propia realidade que estaba a sobordalo naquel ambiente deprimido e de reducido espazo que o esgota psicoloxicamente. Así pois, non é de estrañar a súa emigración a Cuba. Máis como exercicio de liberación íntima que por necesidade perentoria. O pai fora asentador do sal no pósito de Sada, o que perdera xa na época en que nace Manuel, co que o estado económico da familia se resente, aínda que non representa unha imperiosa carencia de cubrir o máis básico e así pode rematar os estudos primarios, xa co domicilio familiar na parroquia de Soñeiro e conseguir o seu primeiro emprego como escribán no veciño concello de Oleiros, ao que se despraza diariamente a pé. Aquí é onde ten o seu bautismo de letras, na quedanza e silencio da ridente campiña mariñá. Foi pouco tempo denantes de tomar posesión do seu posto de traballo, concretamente en novembro do 1880, cando dá por rematado as ?Nociones Generales de Mitología?. Obra autógrafa escrita en castelán, xa que logo aínda non se producira o seu camiño de Damasco galeguista que referenciamos anteriormente. Neste opúsculo atopamos unha declaración tácita de certo interese relixioso que raramente se manifestará no futuro. Así di na introdución:
Mitología es la ciencia que trata de los mitos y religiones antiguas, ó sea, la historia de los dioses y héroes fabulosos, adorados por los pueblos hasta que la luz del Evangelio vino a disipar las tinieblas de la ignorancia.
Pouco tempo despois ten lugar o acontecemento descrito no seu relato ?Os primeiros versos? e xa é difícil atopar no futuro algunha composición que non sexa na nosa fala. Quizais unhas estrofas burlescas e de vitriólico humor, tituladas ?A Celita? nas que deplora a condición de galego do toureiro e que non foron publicadas, conservándose soamente por tradición oral.
Nº 367 60