Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
íntegro desta recensión publicouse en El Correo Literario de la Europa (45,1782,231234) e pódese ler agora en edición facsímile de MONTEAGUDO (2002,164167). Na Real Academia Galega hai unha copia manuscrita desta Colección que se interrompe pouco antes do remate da Carta I Sobre la Historia Natural. (MONTEAGUDO:2002,170). 24. Na súa biografía, que en realidade escribiu ou interpolou outra persoa, lese
Año de 1715. Puesto en Salamanca escribí los Cartapacios de Teología.
É crítico co mal uso das esmolas dos fieis. Cando o 14 de xuño de 1755 peregrina, como bo galego, a San Andrés de Teixido anota: La Yglesia es pequeña, vieja, indigna, y excepto el retablito nuevo, sin adorno alguno. Ha sido anexa a la Feligresia de Santa Maria de Régoa, en donde el Comendador de Porto Marin tiene un Prior. Pero ni siquiera un Capellán tienen en San Andrès. Es infinito el concurso de Romeros que viene aquí por Agosto. Y es vergüenza lo poco que se utilizan las Limosnas a favor de la Yglesia.
(SARMIENTO:1999,48).
Sen embargo, desa afirmación non se deduce que debamos esperala aparición de escritos teolóxicos de Sarmiento, porque en 1715 estaba na Universidade como alumno e daquela os universitarios non manexaban libros, senón que só collían ó dictado o que lles ensinaba o profesor: niso consistía escribir los cartapacios de Teología (GESTA:1884,142). El lamenta a perda de tempo que isto dos dictados significa: Puesto en Salamanca escribí los cartapacios de Teología.... Sería pues del caso que en las Universidades se aprovechasen del feliz invento de la Imprenta. Se debía prohibir del todo que en ellas ni en donde se enseñen Artes, Teología, Cánones, Leyes y Medicina, ningún oyente escriba cosa alguna, sino que los maestros escojan los libros más del caso, y se los expliquen a los oyentes, teniendo éstos los mismos libros para la unidad y conformidad; y que el tiempo que habían de perder en escribir, que le aprovechen replicando al maestro y disputando o conferenciando entre sí. De ese modo, escusados los maestros de hacer cartapacios, y de copiarlos sus oyentes, unos y otros tendrían más tiempo para estudiar y más atarctivo para la aplicación. (SARMIENTO:2002b,271). 25. É crítico coa práctica dos sermóns. E no tomo 8º, abomina a práctica establecida de predicar sermóns de honras na morte de persoas, por ningún título dignas deste honor. No tomo V, entre as Cartas, oraciones, y aprobaciones de libros escritas en varios tiempos por el autor, vemos unha dirixida ó P. D. Juan Crisóstomo de Oloriz en 24 de junio de 1735 en que se escusa de darle su aprobacion á los sermones que le había remitido, compuesta por el mismo Oloriz, señalando las causas. Tamén é crítico co culto indiscriminado ás reliquias. Parécenlle sinais equívocos e falta de atención ó que ensina a física a opinión vulgar de que os cadáveres que despois de moito tempo se conservan enteiros, incorruptos e arrecendentes son corpos santos, e engade que Antes que hubiese Santos había Mumias, ó Cuerpos embalsamados. Para el a mellor auténtica dunha reliquia é que o cadáver estea enterrado cabo do altar ou que as reliquias estean nas pedras de ara do altar.
É crítico co sistema de clausura rigorosa de frades e monxas que obriga a deixala administración dos bens eclesiásticos nas mans de persoas alleas ó mosteiro, que acaban pensando que son bens mostrencos. Mucha clausura y mucha observancia sin tener que comer pide un continuadoi milagro de la Divina Providencia (Carta ó P. Rábago sobre uniones de de monasterios y ordenes militares.(SARMIENTO 1995,186). 26. En 30 meses levantou el máis información lingüística e botánica ca moitos de nós en toda a vida. Sarmiento concibiu moi axiña o proxecto dun Diccionario galego. Si yo tuviera veinte años menos y hubiese de vivir en Galicia diez ó catorce años, tomaría gustoso el trabajo de leer manuscritos antiguos y de recoger muchas voces y frases del idioma de hoy. No digo en esto que yo sea capaz de hacer el diccionario gallego, sino que ayudaría algo á los que tomasen este asunto á su cargo; por lo que juzo indispensable el concurso y trabajo de muchos. 27. Hai uns días, segundo me contou Gonzalo Navaza, ó relatar el nunha Universidade vasca as observacións que Sarmiento anota no seu diario dun soño que tivo aquí en Pontevedra o 25.9.1745 (SARMIENTO 1999,158r159r), un psicólogo vasco exclamou: Con eses vimbios construíu Freud a súa sonada teoría. Tense dito que, se Sarmiento fose francés, estaría universalmente considerado como un dos pais da ciencia moderna. 28. A incógnita do por que non publicou non queda despexada con El porque si y el porque no del P. Sarmiento e aínda ha dar qué falar. Coido que entre as hipóteses hai que descartar que el non estivera seguro do que pensaba. O feito esencial é que nunca deixou de escribir e só considerou reservado algún escrito moi concreto (a Copia del Privilegio Real de Ordoño II al Monasterio de Samos). Tamén me parece descartable o medo dunha persoa inadaptada, ante a reacción do sistema, porque a forma violenta en que Sarmiento tronza a relación con Mengs, artista protexido do rei, e indirectamente co rei Carlos III, e que pode verse en ÚBEDA (1997,1,392), reve
231
Nº 363