BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
6.
7.
8. 9.
Pero, por máis que na obra de Sarmiento formen parte inseparable da argumentación, nalgún caso, estas digresións publicáronse como traballos independentes. Polo dito na nota anterior, tamén o número de traballos é indefinido. A Cronologia contabiliza 121 localizados, máis outros 14 traballos dos que daquela só se coñecía o título. En total 135 títulos. O Indice publicado en 1782 en Correo literario de la Europa (MONTEAGUDO:2002) contabiliza 144, máis os materiais dispersos que habían constituílos tomos XVIII e XIX. Debemos advertir que entre estes está algún traballo que xa Pensado publicou (Sobre la Cruz de Ferro, 1992) e este mesmo editor xa nos permitiu ler algún texto de Sarmiento que non figuraba en ningún índice dos seus escritos (Sobre el modo de aliviar la miseria de los pueblos, 1992). Sarmiento é un home traballador, segundo a regra de S. Bieito. Daquilo que se coñece publicado, inédito ou simplemente citado polo propio Sarmiento, o frade bieito escribiu uns 2.200 pregos. Aínda que a Cronología (PENSADO:19721995,61) di que escribiu o Pangrammaticon en 1718, os escritos son regulares dende 1725 ata 1770. Neses 45 anos podemos dicir que Sarmiento escribiu 45 tomos, un por ano. ¿De cantas páxinas? Se aceptamos como media, que o prego constaba de catro páxinas, como parece ser nalgún caso, resultan 8.800 páxinas. Se consideramos pregos de oito páxinas (como parece selo caso do Coloquio), o número de páxinas duplicaríase (17.600): nun caso teriamos 45 tomos de 195 páxinas de promedio e, no outro, de 391. Pero, se saír certo o que nalgún lugar Sarmiento deixou dito, de que na súa vida escribira uns 3.000 pregos, a cifra podería elevarse ata as 24.000 páxinas: é dicir, 45 tomos de 533 páxinas cada un. E aínda así queda sen contar a correspondencia que el mesmo considera inmensa e outros escritos non controlados, coma os internos da Orde e maila Crónica de Indias. Pode verse un cadro máis detallado en GESTA (1888,153168.) Con posterioridade a maio do 2002, Henrique Monteagudo recoñeceu como autógrafos de Sarmiento dous manuscritos de Silos: un de teoloxía apoloxética e baixo pseudónimo (La Yglesia Romana es la Apostólica Columna Y Firmamento de la Verdad, y Arca de Noé, fuera de la qual no ay Vida, Salud, Ciencia Legítima, Juício ni Zelo Divino ? Cuia Analisis demonstrativa se hara en Diálogo entre Maestro y Discípulo... Por el Pe fr. Beda de Hybiricu, Monge Benedictino. Año de 1722). Este texto combate especialmente os protestantes, pero tamén os xudeus e maila teoloxía místicosexual de Miguel de Molinos. O outro texto ten carácter institucional (e, polo tanto, anóni
10.
11.
12.
13.
14.
mo) e nel defende certos dereitos adquiridos da Congregación Benedictina (Motivos legales que reverentemente expone a la Alta Censura la Congregación Benedictina de estos Reynos unida a su monasterio de San Benito el Real de Valadolid en respuesta a la Real Cédula de ocho de Noviembre de 1735 y demonstración de los títulos con que se eligen susperiores regulares de sus monasterios). Estes achados, unidos ó que o propio profesor Monteagudo vén de facer na Hispanic Society de New York dun terceiro manuscrito autógrafo (este asinado co seu nome) onde Sarmiento explica o significado das máscaras que van na procesión do Corpus de Pontevedra, modifican de maneira importante a idea que viñamos tendo da vida estrictamente monástica e teolóxica de Fr. Martín Sarmiento, aínda que os dous primeiros non estean asinados por el nin os cite como obra propia. E, naturalmente, matizan canto digo no apartado 4 e nas correspondentes notas. Estes escritos redactados entre os 27 e os 40 anos probablemente lle conquistaron a enorme autonomía que tivo despois para dedicarse a estudiar asuntos non estrictamente eclesiásticos. Agradezo a Henrique Monteagudo a lectura en primicia de parte destes manuscritos. Hai un indicio para calculalo: o frade pontevedrés adoitaba indicala extensión das súas obras no número de pregos de papel que ocupaban, aínda que non sempre dispoñemos deste dato. Incluso unha das súas obras coñécese directamente como Obra de los 660 pliegos. Se os meus cálculos non marran, de Sarmiento están publicados 702 pregos. E están inéditos, polo menos, 1.295, tendo en conta que hai traballos perdidos e traballos dos que, como dixen, non coñecémola extensión. Mesmo así pódese dicir que de Sarmiento non chega a un 35% a obra publicada. Non tivo moita sorte en vida, e as edicións posteriores foron poucas e, por veces, mutiladas. Só con Pensado Tomé empezamos a dispoñer de edicións impecables. As tres maiores preocupacións FILGUEIRA (1981) analiza con detalle a importancia da obra histórica de Sarmiento. En cumprimento dun acordo do Plenario da R.A.G. no acto institucional de Pontevedra lin en versión galega os textos que citei de Sarmiento. Así se manteñen agora na publicación este e mailos que seguen pero téñase en conta que no orixinal só están en galego as palabras que aparecen suliñadas. Hoxe por hoxe a documentación máis fiable sobre este asunto, á parte dos datos que ofrece Sarmiento nas súas cartas de 1755 a 1757, é a que reuniu López Peláez (1895, 7483). Algunas consideraciones sobre el modo de aliviar la miseria de los pueblos (SARMIENTO:1992,133).
Nº 363
228