BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
homenaxe ó P. Feijoo no segundo centenario da súa morte (17641964) organizado pola Universidade de La Plata32. Núñez Búa, que foi profesor de rapaces galegos en Vilagarcía antes do verán de 1936, escolle, con moito tino, textos do Onomástico e de Vida y viajes literarios nos que o autor aduce argumentos pedagóxicos a favor do idioma galego. Núñez Búa, galeguista militante, mesmo apela a un libro que publicara a UNESCO co título Empleo de las lenguas vernáculas en la enseñanza (1954), volume que vén respaldar ?parece concluílo noso autor? as páxinas de Sarmiento. 5.3. Fóra de Galicia: 1949, 1953 Nas dúas primeiras décadas franquistas publicáronse, fóra de Galicia, dous libros importantes: un dun filólogo e outro dunha pedagoga. Do primeiro, de Fernando Lázaro Carreter (1949), xa falamos noutro apartado. Libro moi valioso, sobre todo para coñecer aspectos que non teñen que ver, exactamente, coa Lingüística galega. Repárese, por exemplo, no capítulo que lle dedica a Sarmiento como autor dunha Tentativa para una lengua general, que non é, aclara Lázaro, unha lingua universal, lingua que o propio Sarmiento, con humor latino, ?la cuento yo inter chimoeras scientarum?. Do que se trata é dunha ?nomenclatura científica de las especies e individuos de la historia natural?, nomenclatura que Lázaro, despois de gabalo profundo sentido filolóxico de Sarmiento, cualifica de orixinal. É certo que Lázaro na súa brillante tese Las ideas lingüísticas en España durante el siglo XVIII non consultou o Onomástico (non era moi doado) e que, verbo das ideas pedagóxicas de Sarmiento a favor daquela lingua B que era o galego, bebeu nunha fonte indirecta: no clásico libro de Antolín López Peláez. Pero, en calquera caso, non se lle pasou por alto algo tan orixinal, algo tan novidoso. Ignorouno, por certo, María Ángeles Galino no seu libro Tres hombres y un problema: Feijoo, Sarmiento y Jovellanos, de 195333. O problema é o da educación tal como o entenden estes tres altos espíritos da Ilustración española. A autora, catedrática de Historia da educación, coñece ben ós pedagogos e educadores do XVIII europeo, pero sorprende que, ó tratar de Sarmiento ?das ideas pedagóxicas de Sarmiento?, omita (porque non as ignoraba) as referidas ó binomio lingua galega e escola en Galicia. Pasados algúns anos, foi directora xeral de Ensino Medio antes da morte de Franco, sen dúbida porque a profesora concordaba, no esencial, con aquel sistema educativo. Hai pouco, volveu sobre o noso pedagogo e leu nun Congreso o relatorio ?El espacio del P. Sarmiento en la historia de la educación?34, traballo no que sorprenden, aínda máis, as omisións advertidas no seu libro de 1953. O recente estudio, no que non omite, é un traballo excelente. 6. Final Hai meses publiquei un traballo breve co título ?O Padre Sarmiento e os eruditos franquistas?35. Era, pese á súa brevidade, un adianto do presente estudio. Comezaba con estas
Nº 363 22