Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
As últimas palabras son de recoñecemento a un fraterno compañeiro de exilio, a Luís Seoane, unha desas conciencias contaxiadas do lume cívico e cultural que quentou o corazón de tantos republicanos. Era 1943, e, un ano despois, crearíase o Instituto de Estudios Gallegos ?Padre Sarmiento?, que nada esencial fixo polo estudio e a edición das obras do noso singular erudito. Algún tempo despois, os exiliados galegos da Arxentina continuarán coa súa preocupación sarmentiana, uns anos ?cómpre teimar? en que, en Galicia, o Instituto de Estudios Gallegos ?Padre Sarmiento?, engalanándose con plumas alleas, non tiña dereito a tan ilustre nome. Sexa o primeiro, nesta enumeración, Castelao, que menciona unha e outra vez a Sarmiento en Sempre en Galiza (1944, 1961), e faino sempre acolléndose á súa auctoritas. Hai catro páxinas no ?Libro terceiro?, que é de 1943 (34952), nas que reproduce textos do noso erudito tirados das Memorias, seguindo, sen dúbida, a edición que acababa de publicar Seoane na Colección Hórreo (1942). Nun momento, Castelao, referíndose á Carta Prohemio de Santillana, aclara, non sen orgullo: ?dada a coñecer primeiramente polo P. Sarmiento? (p. 350). En 1955, volve Seoane ó tema, nesta ocasión para facer unha semblanza de Martín Sarmiento como intelectual ?práctico? interesado nas reformas agrícolas e industriais que desen resposta, no seu tempo, a ?cerca de un millón de gallegos... que él lamentaba rotos, esquilmados, deshechos, explotados sobre la tierra y sobre el mar...?. No artigo parece haber unha certa crítica á intelectualidade galega do momento, ocupada ?en cien problemas bellos, inquietantes y sonoros, útiles quizá cuando las exigencias del inmediato vivir de un pueblo están calmadas...?. Titúlase este traballo ?El ejemplo del Padre Sarmiento?29. Tamén se publicou en Galicia Emigrante (nº 27, 1957) o artigo ?Un filólogo a la deriva: Fray Martín Sarmiento?. O autor, asturiano, era tamén exiliado: Clemente Hernando Balmori, profesor de Filoloxía Hispánica na Universidade de La Plata. Preparaba, nesas datas, a edición do Onomástico, ?esa obra que todo filólogo quisiera poseer?. Polo que sabemos, non a publicou nin se volveu ocupar de Sarmiento30. Unha vez máis un lingüista refírese ó Onomástico etimológico de la lengua gallega en termos entusiastas. O mesmo facía por esas datas o profesor Joseph M. Piel nun traballo escrito para ?servir de introdução a uma edição crítica... a qual não chegou a realizarse?31. Este traballo, redactado por volta de 1955, fora concibido como prólogo dunha edición do Onomástico que pensaba publicar Galaxia. Preparaba a edición Isidoro Millán González Pardo, rigoroso filólogo e bo coñecedor da obra de Sarmiento, pero, por motivos que descoñezo, non se publicou. Subliñemos, sen embargo, que, unha vez máis, unha institución non concorde co pensamento oficial comprométese con Sarmiento, cun dos grandes Sarmientos, o do Onomástico. En 1964, outro exiliado galego na Arxentina, Xosé Núñez Búa, pedagogo tamén, publica ?Feijoo, Sarmiento y el idioma gallego?, traballo aparecido nun volume de
21 Nº 363