Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
to: ?Ao seu carón a vida collía un rumbo sobrenatural / e a noite era sagrada; saiamos do seu templo / luidos como un seixo. O noso corazón era un altar.? E outros amores caucanos, outras paixón terrestres: ?Tamén amei no teu xardín, María. / Teño os estigmas aínda abertos, frescos / coma unha rosa de navallas.? En As torres no ar hai tamén un tempo de amor, diálogo erótico de alta tensión en doce sonetos perfectos, entre eles un que condensa a lembranza de todos os encontros amorosos do pasado e, máis unha vez, equilibra os extremos emocionais na síntese da saudade: ?Os corpos que eu amei ispoos ainda / Como quen ispe lóstregos nun soño; / Vounos vendo a trasluz en canto poño / A saudade a bruar na noite infinda.? O amor ten nomes propios e protagonismo exclusivo en dous libros de mocidade, Pequeno canto para un peito xoven (que, cando se publicou, vintetrés anos despois da súa escrita, foi titulado Poemas a Fina Barrios. Pequeno canto) e Poemas soltos a Maricarmen Pereira. Naceu o primeiro dunha experiencia de noivado xuvenil, concluído en soneto de adeus onde o poeta confesa rematada tamén a xuventude. Coincide o final dese amor coa clausura do ciclo coruñés e o comezo dunha etapa de inestabilidade e expectativa, a que ao longo do ano 1961 vai derivar na decisión da marcha a Colombia. Pequeno canto, logo da apertura inicial da voz do poeta en versos de moi rigorosa fábrica e acento pudorosamente contido (As moradías do vento e A frauta yo garamelo), anuncia xa o poder erótico do discurso de Avilés, moi apreciado daquela por Aquilino Iglesia Alvariño, e inaugura a liña confesional, de base autobiográfica e resolución simbólica, que caracteriza unha parte decisiva da súa poética, a que aquí estamos a considerar. Cómpre significar, porén, que xa nas primeiras entregas do poeta, malia o ocultamento deliberado do eu poemático, faise evidente aquel pouso de necesidade vital, a experiencia infantil e xuvenil da natureza, como clave da cosmovisión de Avilés. En Poemas soltos a Maricarmen Pereira, o referente vivo do diálogo amoroso é unha moza da que o poeta se namorou no verán de 1961. Polo autobús de liña envíalle Antón, de Noia a Compostela, un poema diario ao longo do mes de agosto. A anécdota extraliteraria resulta moi reveladora do singular temperamento do poeta. Pero os poemas, como é habitual na súa norma, superan toda continxencia anecdótica. As imaxes de xinea vangardista e o uso de motivos culturalistas, con ecos do Cunqueiro que xa desde a década dos 50 andaba a espallar os versos do que logo sería o soberbio edificio de Herba aquí e acolá, serven para distanciar o texto da dependencia documental ou narrativa, aínda que non do seu cerne de raíz emotiva. A razón erótica, a vontade de Eros, é o motor central do discurso poético de Avilés de Taramancos, a súa fala hímnica e matérica, vitalista, dionisíaca. Erótico é, obviamente, o acento sensual dos poemas amorosos, pero tamén a música profunda da súa poética terrestre, o labor simbólico da penetración na terra de labranza, fusión corpórea no magma da terra femia e nai. Do triunfo de Eros fala tamén o cántico oceánico da navegación aventureira e das crónicas caucanas, o compromiso optimista do poeta coas
25 Nº 364