BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
ves existenciais deste sentimento topicamente caracterizador da especificidade emocional e mesmo filosófica do ser colectivo galego ten reflectido o poeta con exemplar lucidez no seu ensaio ?Galicia no diván?, incluído en Obra viva. As liñas argumentativas de dimensión xeral non ocultan nese texto a confidencia arredor do equilibrio paradoxal entre as forzas centrífugas e centrípetas que moveron o ánimo de Antón: ?Hai unha ánsia permanente de fundirse, de ser un só, e desa ánsia sempre en vilo, nunca cumprida no seu desexo, nace a saudade, que é unha melancolía crónica mais que tamén é un estado de felicidade porque perfila un sentimento, unha ferida na que ún se goza, que cauteriza o sentido de culpa ao mesmo tempo que serve de espora e aguillón para ter sempre presente aquelo que se ama na memoria?. Na memoria ferida mantivo durante vinte anos Antón Avilés a imaxe lonxincua de Galiza en estado de saudade radical. Pero o cerne apaixonado e vitalista do seu temperamento impediulle deixarse vencer pola dor e facilitou a integración xenerosa e decidida na terra que o acollía. A elexía de Galiza en Os poemas da ausencia é voz hímnica que reconstrúe en luz de presente a paisaxe evocada: ?É primavera en Noia, e a noite / será unha longa mina de diamantes.? A ferida na que ún se goza provoca a fixación no lugar da mágoa e dese sufrimento nace o brado, o berro cósmico, nunca a queixa doce, o maino pranto: ?Ando lonxe e senlleiro, triste e lonxe, /como unha besta acoitelada bruo / e arrepíanse os Andes ó meu paso.? A nostalxia da terra foi, porén, un sentimento de indisimulábel presenza nas horas colombianas de Antón, vividas, por outra parte, desde aquela proverbial disposición súa para o gozo, para a comunicación sensual e apaixonada co mundo. A temperatura tropical do gozo estoura tamén en tonalidade exultante de himno através das páxinas de Cantos caucanos, evocación moi próxima da segunda patria abandonada, Cali e Bogotá, Catamarca e Popaián, Palmira, Timbía, Chachahuí, o val do Cauca. ?Necesito tanta fermosura / como un dia calquera en Popaián?, confesa o poeta, instalado xa na ribeira do seu mar de Noia, soidoso de Colombia, sempre saudoso e sempre comprometido coas causas máis vivas do presente. Pero Cantos caucanos abre tamén xanelas desde as que albiscar a andaina aventureira de Avilés por terras colombianas, aquela lenda de bretemosa orixe histórica nacida na tantas veces citada carta a Salvador García Bodaño (?Cacei tigres coas mans para vender o pelexo aos gringos ricos, trafeguei con cabezas reducidas...?) e que se manifesta en suxerinte discurso narrativo nas páxinas de Nova Crónica das Indias, con momentos tan intensos e necesarios que saben a verdade biográfica. Esencia de verdade vivida trae, sen dúbida, o ?CANTO DE NORALBA TIMBACOI?, onde vibra o frenesí dionisíaco da noite de Cali e podemos escoitar a voz e a música rotundamente feliz dos amigos de Antón: Celia Cruz, Miguelito Valdés, Daniel Santos, Alberto Beltrán... Erotismo da festa compartida, exaltación da existencia en mans do festeiro Antón Avilés de Taramancos, pero tamén paixón singular do amor concreNº 364 24