BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
interpretación está avalada polo uso de en vez de para a primeira vocal do hiato, e probablemente en lutoossa ('luctuosa'). 3. As formas bibín, sibillano e consintir ~ consentir testemuñan o fenómeno de elevación da vocal pretónica por influxo de / i/ tónico; tamén se rexistra elevación da vocal pretónica /e/ en ynsinar e en ynvés, en posición inicial de palabra e trabada por nasal: a pronuncia insinar é popular aínda hoxe27 e subst. envés ~ invés son variantes aceptadas no portugués patrón (a segunda tamén na loc. ao invés). Na serie velar, obsérvase tamén elevación en vlletes (derivado de oll). 4. Da descrición gráfica realizada dedúcese que o sistema de sibilantes é moito máis simple có da época medieval. Perdeuse o trazo de sonoridade que opoñía en tres parellas seis fonemas, neutralizadas unha a unha a favor do membro xordo, dando como resultado tres unidades en posición explosiva. Isto explica a indistinción gráfica por grupos: para as realizacións de /s/, antecedente do fonema alveolar apical actual no sistema non seseante ou no sistema seseante de tres membros; para un fonema distinto do anterior, herdeiro da antiga parella de africadas dentoalveolares, sen que poidamos determinar se se trataba xa dunha consoante interdentalizada (> /?/) ou dunha laminal alveolar semellante á que se atopa aínda hoxe no sistema seseante que opón /s/:/s/:/?/; finalmente, para as realizacións de /?/. Dado que as grafías sempre se manteñen diferenciadas de 28, cómpre concluír non só que representaban unidades distintas, senón que non hai dúbida en que a panchozes, burazes, zurrador e çapato corresponde unha mesma unidade que poida provir do antigo /s/:/z/ e dar lugar ó moderno /?/ do galego non seseante. Na posición implosiva aparecen claramente diferenciadas as grafías e , polo que cabe pensar que ou daquela non se producira a neutralización xeneralizada entre os falantes seseantes actuais, ou que pesaba moito a forza da tradición gráfica vencellada a moi poucas formas; de por parte, permite concluír que choz ten o mesmo fonema final ca luz e que o [ t??s] actual ten seseo implosivo (cfr. n.49). A rima cruz29luzJesús permite lanzar dúas hipóteses: (a) é unha rima consoante simulada, pois aínda non se produciu a neutralización dos dous fonemas en posición implosiva30; (b) é unha rima consoante perfecta pois os dous fonemas xa confluíron nun só, e a diferencia gráfica apóiase na tradición gráfica, na morfoloxía (luz / luzes) ou nas correspondencias con outras variedades lingüísticas que manteñen a oposición. 5. O texto presenta testemuños de diversos fenómenos fonotácticos. A elisión de /e/ final dalgunhas palabras, como os nexos que e de, pode vir marcada graficamente ( 'que eu', 'que este', 'de anos') ou deducirse ó escandilos versos («que non bén de donde eu beño», «que ata estar de choz non lle basta», «yaquí está máis de vn testigo»); tamén contraen /ou/ e /o/ ( 'ou o gaiteiro' ) e mais / a/ final e / o/ inicial seguinte ( 'ja oje'). A secuencia consonántica formada pola nasal final do adverbio non e a nasal inicial da palabra seguinte redúcese a favor da
Nº 363 262