Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
1. A análise das vocais medias en rima revela que, na maior parte dos casos en que temos certa seguridade sobre o grao de abertura, o autor respecta estrictamente este trazo: / ?/ éfepé, bendenpretendenentenden, reyxelocapelo, guerraterra, pichéstonés; / e/ empeñobeño, acharésbusquésberés, terescreber, tretaginetatronpeta, aldeazeaestrea; / ?/ postabenposta, mortatortaporta, sortemortedesconforte; / o/ tundidorespescadoresferradores, Gargallónsladrónspeóns, boaboroa, congostralagostra, cojorrojo. Isto autoriza a pensar que a vocal é / ?/ en taménbensen, reforzado porque é presumible que sen (< SEDENT) teña a mesma vocal ca ten e vén, / e/ en diferentegente, parentedoente, somentedentefracamente, sabésoyrésynés e fieleslebrelesdeles, / ?/ en cortamorta, / o/ en labradorpeor, solucións que por outra banda cadran coas características diatópicas actuais da área que supomos orixinaria do texto26; permite tamén atribuír unha mesma vocal a parezeesquezemerezen, parezemereze e parezeesqueze, aberta por sela única posible para esquece < escaece (cfr. agradèce, podrèce actualmente na área pontevedresa, ALGa: I 87, 90). Outras formas, en cambio, ofrecen máis problemas. En apretesmetesvlletes, a alternancia dos verbos da CII fai esperar / ?/ en metes, salvo que o texto dea conta dun trazo dialectal / ?...e/ > / e...e/, que na lingua actual caracteriza o galego tudense, próxima polo S á área en que supomos se escribiu o texto; tamén apretes debía ter vocal aberta conforme o uso xeral nos descendentes modernos; pero vlletes debe ter / e/, como corresponde ó sufixo ete. De aceptarmos que se mantén unha rima consoante estricta en rebéscordobésynbés habería que concluír que o xentilicio remata tamén en / ?s/, o que é pouco probable tendo en conta os datos modernos do galego e do portugués. En fóramora poderiamos ter unha rima en / ?/, pois esta é unha vocal posible neste verbo da CI, pero non se pode concluílo mesmo para a secuencia foramorafóra, pois o Ind. Antepret. de ser non podería ter vocal aberta nesta área (cfr. ALGa: I 365 e port. / o/). O mesmo se pode dicir de tenosmenos, pois se o primeiro contén efectivamente o Ind. Pres. de ter debe ter vocal aberta, en tanto que o segundo sempre se pronuncia con pechada. É certo que algunhas destas rimas poderían facer reconsiderar características da lingua pretérita dadas por seguras, pero parece máis plausible aceptar que xa daquela a proximidade entre /? e/ e / ? o/ permitía que se simulase a rima entre elas, favorecida pola igualdade na escrita. 2. Todo parece indicar que xa entón a secuencia vocálica /ui/ tiña un problema de silabación, pois incluso na mesma palabra podía ser heterosilábica ou tautosilábica: en «coussa falssa nen rruyn» non cabe dúbida de que cómpre silabar «ruín», pois doutro xeito o verso sería heptasílabo, e «pequeno negro e rruyn» parece avalar tamén esta opción, xa que a pronuncia con ditongo obrigaría a non facer sinalefa en , o cal é improbable (de por parte riman, respectivamente, con oyn e con fin); en cambio, o verso «que se ó rruyn non lle pon tacha» só é octosílabo se hai sinalefa en e se conta como unha soa sílaba. Tamén no caso de bianda cómpre interpretar iacomo hiato, para que o verso sexa octosílabo; o mesmo ocorre en lengoado, onde esta
261 Nº 363