Traballos e investigación sobre outros temas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
O derradeiro parlamento de Alberte é o mellor corolario para a acumulación de desgracias enumeradas en todos e cada un dos versos do poema:
Desa sorte parece que todo é morte, pois non queda can nen gato que mirando ben seu trato en todo non desconforte.
7. Características lingüísticas do texto 7.1. Grafías 1. O texto produce unha impresión de modernidade e revela unha independencia da tradición gráfica medieval galega moito maior ca outros textos contemporáneos máis formais (cfr. Historia de Don Servando, procuradamente arcaizante, as constitucións da confraría de Santa Tegra [1591, copiadas en 1780], etc.), acaso por estar máis apegado á oralidade ca esoutros testemuños gráficos24. O grafema úsase na maior parte dos casos como grafía da vocal /u/ en posición inicial (Vlletes, vssa, vntaron), e polo tanto en va (pero algua) e vn (vn par danos, cada vn, mais de vn, vn Reyxelo, vn cós vn capelo, vn carneiro, ay vns ladrons), se ben a forma masc. tamén se rexistra con inicial nunha ocasión en que podería interpretarse unido á prep. precedente (Aun cordobes). Pola súa banda, emprégase como vocal ou semivocal (sua, abundante, coussa, deus...) e en dúas ocasións como consoante (escriuanos, gouernar). Como /b/, emprégase só en vila (xunto a bila, 2v.), pois as restantes ocorrencias presentan sempre , tanto cando o étimo e a tradición facían esperar (bacas, elbira, bir, boz, lebantar, berdade, ballame, biño, biçente, bos, ber, bianda, bezina, abes, bender, barren, probeito, benturossa...), coma cando xa se espera (esperaba, marabilla, oubesse...); unha práctica que avala a hipótese de que escribe á marxe dunha tradición que tentaba ir mantendo a diferencia gráfica sen correspondencia fónica. O grafema emprégase para representar /i/ asilábico en posición intervocálica (alfayates, sayo, aya) e mais cando i é alomorfo da conx. e en contexto antevocálico (yo calzado, yen miña fe...), pero se a vocal asilábica é o primeiro elemento do ditongo gráfase como (ofiçio, boticario, malizia, memoria...). Tamén se emprega sempre para / i/ silábico en hiato cunha vocal precedente (aynda, rruyn, saydo, oyn), mentres que se / i/ forma hiato coa vocal seguinte gráfase uniformemente con (tio, lio, desbario, romaria, seria, carnizeria, tragia). En cambio, concorren na representación de /i/ asilábico na coda, con maior ou menor frecuencia de un ou outro grafema segundo o ditongo, a posición deste na palabra, a tonicidade e criterios morfolóxicos: /ui/ escuitaime, / ui/ muy, muyto; /ei/~/?i/ reyxelo, eyrado, / ei/~/ ?i/ ey (v.), deçey, tareyja, sey, soeyro, serralleyros, ferreyros, barbeyros, bieyto, pero bieito, gaiteiro, seique, maneir, ngueira, can257 Nº 363