BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Traballos e investigación sobre outros temas
dores «se han dado a ser estudiantes, alguaciles, escribanos, procuradores y cobradores», e usan no exercicio dos seus oficios todo tipo de «malicias y marañas», de forma que se converteron nos «zánganos de la colmena de la república... que sin poner en ella miel alguna, en un solo día devoran todo lo que las verdaderas abejas, que son los labradores de la tierra, pusieron» (Cortes de Castilla, vol. 15, p. 749). As Cortes castelás reiteran con perseveranza a súa solicitude ó Monarca para a reducción dos oficios e escribanías22. G. de Amezúa (1951: III 283) sostén que «como sus voces caían en el vacío o no eran siempre oídas, para hacer mayor fuerza hubieron de acudir a un recurso supremo, a saber: imponer esta reducción como una de las condiciones obligatorias en la concesión de los servicios de millones». Nas Cortes de Madrid de 1612 o problema persiste, e atribúese á pobreza dos escribáns, derivada do seu elevado número, a súa cobiza e falta de escrúpulos, «concretándose la explicación de los males en el hecho de 'haber venido estos oficios a poder de tan ruines sujetos'» (Andrino 1998: 41). A fidelidade gregaria é posta de manifesto nestes catro versos:
sonche como os lebreles, que deles jamais oyn coussa falssa nen rruyn que oubesse saydo deles.
Os tratadistas da época fanse eco deste espírito corporativo. Así, Lope de Deza, no seu Gobierno Político de Agricultura, impreso en 1618, compáraos cunha xunta de feras:
Es una junta de fieras, sino que ellas entre sí son apacibles y se abstienen de hacer mal a la de su especie, pero ellos se cansan y atormentan despedazándose unos a otros, diferenciándose de los brutos, que son mansos y domésticos para los que los dan de comer, pero la rabia de estos destruye a aquellos mismos que los sustentan (Lope de Deza 1991: 53).
A pesar disto, non tódolos escribáns teñen a fortuna de escapar á xustiza. Alberte, no seu período de ausencia de Galicia, presenciou o castigo dado a dous escribáns, un sevillano e outro cordobés, ós que ó parecer se lles impuxo a pena de azoutes («ca lle surziron o ynbés» [v. 482]) e a de escarnio público («yá gineta / sobre dúas burras pardas / o[s] sacaron sobre albardas / e diante va tronpeta» [vv. 484487])23. Os oficios non saen mellor parados. Enumérase boa parte deles entre os vv. 578590 e son acusados de «untar as mans» (v. 586); este catálogo de oficios, lonxe de pretendela captatio benevolentiae dos seus representantes, procura a complicidade do público, víctima da súas prácticas de rapina. O v. 572 («...[u]e non llos taijaron») parece aludir á non aplicación na vila da taxación dos prezos, fronte ó habitual uso da taxa en Castela «tamén no tempo da guerra» (v. 575).
Nº 363 256