BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Detrás dos meus terneiriños a ialma pra os recadar, e retorto iesticado o curazón, de adibal Ai, Deus!, os meus terneiriños doentes de señardá... Tui, 28/9/1934
ialma,
Após dos meus vacuriños a ialma, pra os recadar, e, retorto pola anguria, o corazón, de adibal. Ai, Dios!, os meus vacuriños doentes de señardá...
Estas variantes poden darnos idea de como Xosé María Álvarez Blázquez corrixía e refacía os poemas nun labor intenso ata que foron mudando signos de puntuación, títulos, palabras... Cremos que a análise das alteracións merece un estudo máis completo que nesta colaboración non podemos abordar. 5. DA PAISAXE QUE ESTÁ FÓRA... Trala breve análise ecdótica do poemario Arco da vella, retomamos as respostas de X. M.ª Álvarez Blázquez a Filgueira Valverde para a Antoloxía consultada. ?No apartado ?poética? Álvarez Blázquez avoga por unha volta aos ?Canzoeiros?, cantigas, cantares de amigo e de amor e inclínase por popularizar os clásicos (como el mesmo practicou ao traducir, no caderno número 8 de Iris, fragmentos de Victor Hugo, Virxilio e Catulo). ?No apartado do inquérito titulado ?escolma?, Álvarez Blázquez volve referirse á necesidade de popularizar a poesía e a preferencia pola súa obra que se achega aos ?Canzoeiros?. A pesar destas declaracións a Filgueira Valverde, non se recoñece no poemario Arco da vella (19321934) excesiva proximidade aos ?canzoeiros?25 e si parece que Xosé M.ª Álvarez Blázquez participa do ?amadismo? ou hilozoísmo no que se inscriben outros poetas da Antoloxía consultada. En efecto, o ?amadismo? é manifesto nos seguintes poetas26: ? Augusto Casas que ?quixera ser situado dempois de Amado Carballo?. ? Antón Zapata que se declara engaiolado polos ?camiños xogorales do sinxel Amado Carballo?. ? Avelino Gómez Ledo cuxas preferencias son ?Curros e Rosalía, Cabanillas e Amado?. ? Ramón Otero Pedrayo que escolle ?Pondal. Amado?. ? Evaristo Correa Calderón que quere lembrar a ?Viqueira, Amado Carballo, Manuel Antonio?. ? Xosé Lois Parente que declara:
Gusto de Chariño, Rosalía, Curros, Pondal, Cabanillas, Otero, Risco, Amado Carballo [...] Da miña xerazón estimo a Amado Carballo, Manoel Antonio, Carballo Calero, Anxel Sevillano, Florencio Delgado Gurriarán, Manoel L. Acuña, Augusto e Álvaro Casas, Xosé Velo.
Nº 369
16