BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
Iris> Iris> Iris>
Rifa Romanzo da choiva suicida Romanzo do noso amor Gando
> PTM > PTM
Como podemos comprobar, dos 26 poemas de Arco da vella, 8 textos nunca aparecerán en libro nin foran publicados na prensa (por tanto o autor decidiu prescindir deles)21, os 18 restantes, ou ben apareceron en vida do autor (10 no libro Poemas de ti e de min e/ou nas publicacións periódicas Cristal, El Pueblo Gallego e Progreso), ou ben postumamente na edición publicada por X. Rodríguez Baixeras a finais de 2007. A comparación entre os poemas autógrafos que Xosé María Álvarez Blázquez escribe no caderno número 8 da serie Iris, traslada a Arco da vella e, ao final, publica en Poemas de ti e de min é especialmente reveladora. Se cotexamos cada unha destas versións poderemos apreciar os elementos que o poeta decidiu omitir, cambiar, alterar... Mentres uns poemas sofren cambios serios (?Ceo de vran?, ?Limiar?, ?Romance da choiva suicida?, ?Gando?, ?Foguetes?), outros padecerán mínimas modificacións (?Inmensidá?, ?Arco da vella?, ?Ofrenda?, ?SantYago?, ?Perguice?, ?Emigrantes?, ?Rifa?, ?O río?, ?Pranto?, ?O merlo poeta?, ?Romanzo do Afiador?, ?Síntese?, ?Arela?, ?Meu faro?)22. Como mostra reproducimos as versións dun poema, ?Ceo de vran?, que experimentou importantes alteracións. Se estas foron insignificantes nas primeiras redaccións:
CEO DE VRAN (Poesías ?Iris? nº 8) (Arco vella, 1935) Oxe está a cantar o ceo Hoxe anda a cantar o ceo unha outa cantiga de festa estelar. unha outa cantiga de festa estelar. Tal coma as estrelas eu teño un anceo, Tal coma as estrelas eu teño un anceo, mais elas afogan meu déble cantar. mais elas afogan meu déble cantar. (Por detrás das nubens foise a tola lua car as estreliñas cantan millor que ela; foi deitar un pranto de pouca fertua e de cada bágoa xurdiu unha estrela). As estrelas rien e cantan e choran con risos e prantos e cántigas bélas. E na sua outura, benzoadas iñoran que eu io meu namoro imos ser estrelas. Deus diante (Pontevedra, 29/4/1934) (Por detrás das nubéns foise a tola lua car as estreliñas cantan millor que ela; foi deitar un pranto de pouca fertua e de cada bágoa xurdíu unha estrela). As estrelas rien e cantan e choran con risos e prantos e cantigas belas. E na sua outura, benzoadas iñoran que eu io meu namoro imos sere estrelas. Deus diante
Constatamos que as alteracións serán considerables cando ese mesmo texto se insira en Poemas de ti e de min pois advírtese que toda unha estrofa será suprimida23:
(Poemas de ti e de min, 1949) Oxe está a cantar o ceo unha manseliña cantiga estelar.
Nº 369
14