Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Montero Santalha (2007: 39) que Álvarez Blázquez escribía a lapis e despois copiaba a versión final nuns cadernos de poesía. Xosé M.ª Álvarez Cáccamo (2008: 124) aclarou a propósito deses ?cadernos numerados e titulados onde foi copiando os seus poemas desde o 1/12/1927, con doce anos de idade, até abril de 1941?:
É unha colección de volumes traballados ao xeito de publicación periódica, con cubertas de moi enfatizada tipografía maiúscula e distribuída en series de distintos títulos: ?Abril?, ?Iris?, ?Yo, arquero? e ?Arco y flecha?. Dunha selección de poemas dos tres primeiros cadernos, os titulados ?Abril?, procede o libro homónimo9. De letra máis coidadosa e clara son as páxinas dun álbum manuscrito nomeado ?Arco da vella?. Poemas 193234?, dedicado ?a D. Gerardo Álvarez Limeses, meu tío e meu mestre.?10 O contido deste caderno de edición manual resulta dunha coidadosa selección dos poemas galegos espallados nas libretas da serie ?Iris?, talvez aquel proxecto de libro evocado con irremediábel nostalxia en carta desde Coreses dirixida a Xoán Vidal (...) e que, co tempo, algún engadido e novo labor de peneira, chegou a ser Poemas de ti e de min.
Para comprobar este labor de peneira imos empregar os materiais sinalados: a Obra galega completa, o facsímile do caderno número 8 de Poesías ?Iris? e o poemario Arco da vella remitido a Filgueira Valverde. Resulta do maior interese observar como se porteñen os poemas e constatar como Xosé M.ª Álvarez Blázquez se irá desfacendo dalgúns rexistros presentes na época ata achar un de seu: o rexistro do ?amadismo? ou amadocarballismo (a paisaxe que está fóra, contemplada), daralle paso a unha voz propia (a paisaxe que está dentro, vivida)11. Velaquí unha listaxe dos poemas de Arco da vella (columna central) e as súas filiacións anteriores e posteriores:
Arco da vella (1935) Limiar > Poemas de ti e de min (PTM) Arco da vella > Obra galega completa (OGC) ?Evocazóns? A fonte Foguetes > PTM Ofrenda > OGC P G 12> O río > PTM Pranto > PTM P G13 ?Cabuxa? >Arela > PTM Síntese > OGC ?A final?14 Cantiga dos montes e penedos Iris>P G15 > Emigrantes Do alén Veira mar Perguice > OGC Cristal16 > O merlo poeta > PTM Fuxida Cristal17 > Inmensidá > OGC P G18 ?Ensiña? > Meu faro Iris> Ceo de vran > PTM Hourizontes Progreso19> SantYago > OGC ?SantYago de Compostela? Cristal20> Romanzo do afiador > PTM Poesías, nº 8 Iris>
13 Nº 369