BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
?Lector de ?enchentas de versos malos na miña nenés? e escritor de poesía dende moi novo ?aos 10 anos?. Aínda que esa é a idade que repite nunha entrevista posterior7, hoxe sabemos que o seu primeiro poema, ?Queixas?, foi escrito con doce anos. ?Influencia da nai cubana: ?deume un pouco da melanconía das Antillas e moito do seu amor á poesía?. Idea compartida polo irmán Emilio8: ?Era nosa nai, Dona María Blázquez, chamada tamén Dona María Limeses, que amaba a poesía e trouxo versos aprendidos cando moi neniña chegou desde a súa Cuba natal.? (E. Álvarez Blázquez, 2007: 376). Ademais destes apuntamentos biográficos, Xosé María Álvarez Blázquez envíalle a Filgueira Valverde dous inéditos: un seu e outro dun crego do século XVIII. ?De Xosé María Álvarez Blázquez é o libriño inédito Arco da vella (Poemas 19321934). Algúns textos, como aclara o autor, xa foran publicados na prensa (Cristal, El Pueblo Gallego e Progreso), outros, como veremos, aparecerán con variantes en Poemas de ti e de min. Os menos permanecerán inéditos. ?A maneira de ?Apéndice? Xosé M.ª Álvarez Blázquez engade unha doazón para o tomo relativo á decadencia e rexurdimento que Filgueira debía preparar: o poema ?Bailador que andas bailando? de Xosé Benito Vázquez, crego do século XVIII de Maceira (Covelo). Aínda que Xosé M.ª lle redacta a Filgueira Valverde unha serie de consideracións sobre este crego poeta, o autor que nos convoca non chegará a incluílo na súa Escolma de poesía galega. Do século XIV ó XIX editada por Galaxia en 1959. Engadiremos máis adiante algúns comentarios sobre as respostas relativas á súa poética, pero antes imos deternos no poemario enviado. 4. ARCO DA VELLA: POEMARIO INÉDITO E VARIANTES VOLUNTARIAS ÉDITAS Xosé M.ª Álvarez Blázquez envioulle a Filgueira Valverde un poemario titulado Arco da vella que inclúe textos escritos entre 1932 e 1934. Arco da vella é interesante para o estudoso da evolución poética do autor homenaxeado: por unha banda contén poemas descoñecidos e, por outra, poemas coñecidos pero modificados polo escritor ao incluílos nun libro posterior (Poemas de ti e de min, 1949). A información nova que achega Arco da vella é de maior importancia se comparamos o seu contido co ofrecido nas publicacións ás que nos referimos ao comezo da nosa exposición: a Poesía galega completa editada por X. Rodríguez Baixeras (2007) e o facsímile do caderno número 8 de Poesías ?Iris? editado pola Universidade da Coruña (2008). Con todos estes elementos poderemos aproximarnos á maneira de escribir de Xosé M.ª Álvarez Blázquez, descubriremos criterios lingüísticos, solucións estilísticas e opcións ortográficas manexadas e preferidas. Sobre a maneira de escribir de Xosé María Álvarez Blázquez temos noticias a través dos seus fillos Celso e Xosé María. Celso Álvarez Cáccamo transmitiulle a Martinho
Nº 369 12