Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
OBRA Epocas da propia obra. O pubricado io inédito. Proieitos. Xeito de traballo. POÉTICA O poeta ia sua obra. Doutriña e técnica. Roteiros da nova poesía. Criterio sobor da poesía galega. LENGUAXE Rexión da nosa terra onde se afincan os seus modos de espresión. Preferencias na dialectoloxía galega e criterio ortográfico. BIBLIOGRAFÍA Relación, cuidadosamente pormenorizada, de impresos. Facendo constar as distintas edicións, lugar, editorial e ano; número de páxinas, formato, ilustracións, xustificación da tirada, etc. Relación de inéditos con noticia do seu contido. A ESCOLMA Que poetas da sua xeeración pensa que deben figurar na antoloxía. Perto de cales quixera ser situado. Qué poemas da propia obra quixera que se incruisen: orde de preferencia o correccións. Qué poemas desexaría escruír.
A Antoloxía consultada de X. Filgueira Valverde, recentemente editada, reproduce as respostas de 32 poetas, entre elas a de Xosé María Álvarez Blázquez5. Como explica Xesús Alonso Montero (2008: 4243), autor do estudo preliminar:
Non están, na presente Antoloxía, todos os que eran, nin, nalgúns casos, son todos os que están. Aínda así, as 32 respostas (ás veces incompletas) achégannos un material literario non só inxente senón moi revelador para entendermos o que non poucos espíritos moi atentos afirmaban sobre a súa poesía, sobre a poesía galega en xeral, sobre os escritores que os influíron, sobre as súas lecturas, sobre os seus criterios idiomáticos e ortográficos... [...] No capítulo de textos, hai páxinas indispensables para onte e para hoxe: non só composicións inéditas senón dous poemarios inéditos (Xosé María Álvarez Blázquez, Rafael Pazos Giménez).
3. AS RESPOSTAS DE XOSÉ M.ª ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Á ANTOLOXÍA CONSULTADA Das respostas de Xosé María Álvarez Blázquez ao ?inquérito? de Filguera Valverde destacáronse, no dicionario de autores do estudo preliminar, unha serie de datos ofrecidos polo tudense: ??Un tío materno, Alfonso, morto xa, tamén poeta?6 e que habería que engadir ao repertorio familiar antologado por Xavier Rodríguez Baixeras en Escolma de familia (2000).
11 Nº 369