BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
florecer: os seus primeiros poemas, quizais cando a súa voz é menos ?propia? pero xa é ?honrada?. Pasada a voráxine do mes de maio, é necesario volver sobre Álvarez Blázquez e revisar os nosos propios traballos á luz de publicacións novas e decisivas para situar e coñecer a súa poesía: Obra galega completa (Xerais, finais de 2007) Poesías (?Iris?, nº 8) (facsímile, UDC, maio 2008) Os poetas galegos (1936). Antoloxía consultada3 de X. Filgueira Valverde (Museo de Pontevedra/Sociedad Estatal de Conmemoraciones Culturales, agosto 2008) E se nos inclinamos neste relatorio polos pasos iniciais do poeta débese a que na nosa anterior investigación (Acuña, 2008) non quixemos profundar na súa primeira voz por estarmos moi implicados na edición dese terceiro elemento que indicamos como novidade: a Antoloxía consultada de Filgueira Valverde. Agora, sen ningún tipo de pudor, botaremos man desas tres ferramentas para achegármonos á primeira poesía de X. M.ª Álvarez Blázquez e fixármonos nalgunhas cuestións ecdóticas4 e temáticas. Procuraremos levar, pois, ?ao campo da creación artística un pouco do pacente esprito arqueolóxico? defendido polo noso autor (X. M.ª Álvarez Blázquez, 1951: 114). 2. A ANTOLOXÍA CONSULTADA DE XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE En 1935 o Seminario de Estudos Galegos encargoulle a Xosé Filgueira Valverde unha antoloxía, en varios volumes, de toda a poesía galega para honrar, dous anos despois, o centenario do nacemento de Rosalía de Castro. Filgueira Valverde decidiu empezar polo antepenúltimo e polo penúltimo dos volumes, aqueles referidos aos poetas do grupo ?Nós? e á nova xeración. Para iso púxose en contacto cunha gran parte dos poetas (galegos ou non, pero escritores na nosa lingua) do interior e do exterior (Madrid, Buenos Aires...) e achegoulles un ?inquérito? que debían contestar. Esta enquisa é sumamente importante para a literatura e para a lingüística galegas dado que os poetas debían responder as seguintes cuestións:
BIOGRAFÍA DO POETA Ascendencia. Lugar de nacimento. Lugares de residencia. Lugares preferidos. Estudos. Traballos. A vida familiar. A profesión. A loita pola vida. As aspiracións io estilo de vida. FORMACIÓN A vida ia formación. Leituras. Preferencias artísticas e literarias, no galego e no universal.
Nº 369
10