BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xosé María Álvarez Blázquez
6
7 8
9 10
11
12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22
23
24
Segundo nos contou Alfonso Álvarez Cáccamo, a quen lle agradecemos a información, este tío materno residía en Cuba e alí chegara a ser cardeal. Destino, 25/8/1945. Emilio Álvarez Blázquez dedicaríalle á nai O tempo desancorado. Poemas para María Blázquez (1988). Abril, Pontevedra, 1932. Debe corresponderse co enviado a Filgueira Valverde para a súa Antoloxía consultada, se ben Xosé M.ª Álvarez Blázquez optou por omitir a dedicatoria. No noso estudo anterior (Acuña, 2008: 61), despois de comparar as diferenzas entre un poema publicado na prensa e o mesmo enviado a Filgueira Valverde, sinalaramos a desaparición da figura de Cristovo Colón, o primeiro emigrante, na versión final publicada no libro Poemas de ti e de min. El Pueblo Gallego, 31/12/1933. El Pueblo Gallego, 31/12/1933. Tamén se reproduciu no número 91/92 da revista Agália (2007). El Pueblo Gallego, 9/6/1934. Cristal, núm. 2, agosto 1932. Cristal, núm. 8, febreiro 1933. El Pueblo Gallego, 31/12/1933. Progreso, 25/7/1933. Cristal, núm. 10, maioxuño, 1933. Resaltamos os títulos destes textos cunha cor máis escura. Repárese en que algúns destes poemas de Arco da vella sofren un cambio total de título. Isto ocorre con ?Arela? (antes titulado ?Cabuxa?), ?Meu faro? (titulado previamente ?Ensiña?) e ?Síntese? (que nalgún outro caderno da serie ?Iris? se titulou ?A final?, tal e como se recolle na Obra galega completa e mais no número 91/92 da revista Agália). A estrofa suprimida contén motivos moi semellantes aos do poema que reproducimos máis adiante (?Arela?). Será que Álvarez Blázquez foxe dun amadismo excesivo despois de Arco da vella? Coincidimos con Xavier Rodríguez Baixeras (2007: 94) cando explica ?que a palabra vacuri
25
26
27
28 29 30
31
32
33 34
35
ños está usada impropiamente co significado de becerros, pois o bacoriño é un porco noviño ou leitón.? É posible que, como apunta Darío Xohán Cabana (2008: 67), ?non se propuxese «imitar» os trobadores, senón simplemente axudarse bebendo no espírito dos que máis «populares» lle parecían [...] Porque naquel intre a teima do noso poeta era «popularizar a poesía»?. Curiosamente, moitos destes poetas ?amadistas? presentes na Antoloxía consultada maniféstanse tamén admirados polos cancioneiros. É o que ocorre con A. Gómez Ledo, J. Crecente Vega, E. Correa Calderón, X. L. Parente, A. Sevillano e A. Casas, entre outros. Álvarez Blázquez confesará a súa devoción por Amado Carballo no epistolario mantido co seu amigo Xoán Vidal Martínez (Acuña, 2005: 30). E que mesmo desexa liberarse dese exceso. Pénsese na influencia de Lorca en textos como ?Romance do afiador?. Na poética enviada vinte anos despois a Francisco Fernández del Riego (1955: 287), Xosé María Álvarez Blázquez menciona, como do seu gusto, a poesía de Xohán Bautista Andrade. Quizais habería que falar, seguindo a Marcial Gondar (2008: 156), de ?mundo vivido? ou ?territorio humanizado?. Agradecemos a Xesús Ferro Ruibal esta referencia. Poética atribuída inicialmente a Xosé María Álvarez Blázquez (Carpeta 104/2 do Arquivo Fernández del Riego, Biblioteca Penzol). Despois de cotexar coa Escolma publicada en 1955 por F. Fernández del Riego, parece que esa autopoética pertencería a Emilio Álvarez Blázquez. O dicir proxectante: o dicir do mundo e a terra (Heidegger, 1990: 113). Recordemos que este compromiso coa terra está presente en tódalas facetas polas que se preocupou Álvarez Blázquez, ?un dos intelectuais máis completos da súa xeración? (Bernárdez, 2008: 9). Antóllasenos un poeta, aquel édito en castelán, tan dorido coma Virgilio Noíra Gil, pero non sempre debeu ser así se pensamos nas súas colaboracións en El Soplete (A. Álvarez Cáccamo, 2008: 20).
Nº 369
22