Documentación
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
sa e que quedou viúva. Tivo concubinas Xemena Muñoz (nai de Teresa e Elvira) e Zaida (moura, nai de Sancho, unico fillo varón do rei e morto na batalla de Uclés 1108) e que era esposa ou filla do rei Al Mamun. As dúas primeiras eran entre elas primas terceiras, feito do que se valeu o papa para criticalo matrimonio con Constanza como ilexítimo (DAVID:389) 76. De Romano autem ritu quod tua iussione accepimus sciatis nostram terram admodum desolatam esse (DAVID 1947:402405). (?Por cousa do rito romano, que aceptei por orde túa, a nosa terra está moi desesperada?). 77. Era MCXV... et ipso anno pugnaverunt duo milites por lege Romana et Toletana in die Ramis palmarum et unus eorum erat Castellanus et alius Toletanus et victus est Toletanus a Castellano (Cronicon Burgense). Era MCXV... et in ipso anno pugnaverunt duo milites pro lege Romana et toletana in die Ramis Palmarum; unus erat Castellanus, alter regis Aldefonsi (Annales Compostellani) Era MCXV in dominica de Ramis palmarum apud Burgis pugnaverunt duo milites, unus regis Aldefonsi pro lege Romana et alter Castellanus, scilicet Lupus Martinez de Matanza, pro lege Toletana, et victus est miles regis (Cronicon S. Maxenti). Et falsitate fuit victus miles ex parte Francorum (Chronicon Malleacense) (citados por DAVID: 400401). 78. dignissimum Romanae institutionis officium celebrari precipere et precipiendo fideliter adimplere (DAVID 1947:420421). 79. Hispania Toletanam non Romanam legem recipiebat. Sed postquam Adephonus rex bone memorie Romanam legem Romanasque consuetudines Hispanis contradidit, ex tunc, utcumque obliterata quadam nebula inscientie, Sancta Ecclesie vires in Hispanis pullulare ceperunt (Historia Compostellana II,1). 80. Houbo unha boa crise cando o rei impuxo en Sahagún un abade cluniacense (Roberto) e moitos frades abandonaron o convento e os protectores da abadía solidarizáronse co anterior abade Xulián. (DAVID :407 ss.). 81. Entre elas está a afirmación de que o único que axudou os hispanos na reconquista foi Deus Pai, xa que Carlomagno, en realidade, o único que fixo foi chegarse a Zaragoza e, subornado polo ouro dos árabes, volveu á súa terra, castigado no regreso polos navarros; e tamén acusa os francos de teren unha verdadeira teima en acabar co culto divino (Historia Silense 116131. citada. por VIÑAYO 1988:225226). 82. Secundariamente tamén algúns ingresos económicos: Aragón recoñeceuse censitario da Santa Sé en 1068 pero disque só pagou o censo en 1087 e 1088 (DAVID: 380 ss). En canto a Castela, só
consta un agasallo ocasional do rei nunha carta que lle manda o papa en xuño de 1081 (DAVID: 421424). 83. Ver n.4. 84. Marín di que, mentres os documentos que conservamos en letra carolina son abundantes, maiormente dende a metade do século XII, códices, en cambio, quedan poucos, porque neles foi onde máis durou a visigótica (XII) e porque neles no XIII xa se usa a gótica. Dos exemplares que quedan cita a As Homiliae de san Agostiño (catedral de Toledo 1105), o Missale de Sahagún (Biblioteca Nacional, principios do XII), Biblia (san Isidro de León, 1165), a Exp. V.T. de san Paterio (mosteiro de Veruela, 1175), o Codex Calixtinus (catedral de Compostela, 1188) e mailo Liber iudiciorum (Escorial, 1188). Case todos estes códices presentan escritura carolina serodia, máis ben pregótica, porque se perciben xa os trazos angulares e xeométricos, maiormente nos últimos. 85. Lémbrese o dito por Afonso VII a Hugo de Cluny na carta de 1077. Cómpre, sen embargo, recoñecer que non discordaron desta política as outras ordes relixiosas. Os liturxistas sinalan, por exemplo, a activa participación posterior dos franciscanos. 86. O propio Pierre David recoñece que a partir de 1150 a escrita visigótica rarea e desaparece rápido e que o cambio de letra é o resultado inevitable da introducción do rito romano que implica a importación e posterior copia de libros litúrxicos que veñen de Francia con que nesta época se aceleran os contactos culturais (437). 87. Antes da imposición papal, parece que admitían que visitantes hispanos celebrasen en Cluny no seu propio rito (DAVID. 364). Eco desta apertura é que, aínda despois de 1090, aparezan algún texto en letra visigótica en ambientes cluniacenses en Castela, Galicia e Portugal; e o Cartulario de Sahagún, como moito de 1120, está integramente en letra visigótica (DAVID 1947:438). 88. López Calo (1998:1213) repara con acerto en que os primeiros mss. galegos de rito romano teñen a notación musical aquitana pero a letra aínda é visigótica, o que evidencia a dificultade en asumir a nova escritura. 89. Lucas de Tui informa en 1240 dun concilio de León contra 1090 que manda substituíla letra visigótica (hoxe tamén chamada toledana ou hispanomozárabe) pola carolina: ut secundum regulam beati Isidori Hispalensis episcopi ecclesiastica officia in Hispania regerentur. Statuerunt etiam ut scriptores de cetero Gallicam litteram scriberent et praetermitterent Toletanam in officiis ecclesiasticis ut nulla esset divisio inter ministros Ecclesie Dei (Hispa
311
Nº 362