BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Documentación
sión, fonte dos manuscritos que conservamos, porque estamos a moitos séculos de distancia da cultura que fixo nacer este canto para pretender máis. 61. E un truco semellante para a lectura de textos utilizouse xa dende os incunables para lle anticipar ó lector na fin dunha páxina a primeira sílaba da páxina seguinte. 62. O ms. aquitano de Toulouse une, mediante unha liña, a sílaba que contén un melisma coa distante sílaba seguinte, o que quere dicir que primeiro escribiron a música e despois escribiron a letra: o resultado final é de maior esmero e perfección técnica, a pesar de ser de principios do século XI. 63. A abundancia de neumas romboides lembra a notación ambrosiana. 64. A ausencia de tinta non é igual a ausencia de pauta. Durante certo tempo considerouse que as músicas do Calixtino eran posteriores ás de Ripoll, porque neste ms. non había pauta feita con tinta e no Calixtino hai tetragrama ben visible, a pesar de que se sabía que as de Ripoll as copiara para aquel mosteiro Arnaldo de Monte en 1173. Pero en 1961 López Calo descubriu que no ms. de Ripoll, aínda que sexa feito con punzón, hai incluso pentagrama e que a diastematía é perfecta (LÓPEZ 1988:184185). 65. En rigor a existencia no XVI en San Viçenço de Elviña dun clérigo que non firma porque non sabe, segundo acredita a documentación en papel que este pergamiño garda, parece indicar que nesa época a cultura media non debía de ser moita. 66. Por exemplo a repetición do Deus in adiutorium meum intende vai contra os pelaxianos (GARRIDO 1961:37). 67. Pero aínda no 675 un concilio de Braga ten que prohibilo uso de substituílo viño da consagración por leite. E un concilio de Toledo en 633 establece o mesmo rito para o mesmo territorio político: Unus ergo ordo orandi atque psallendi a nobis per omnem Hispaniam et Galliam conservetur, unus modus in missarum solemnitatibus, unus in vespertinis matutinisque officiis, nec diversa sit ultra in nobis ecclesiastica consuetudo, qui una fide continemur et regno (cit. por DAVID, 106107). 68. Procura ergo ut Romanus ordo per totam Hispaniam et Galliciam, et ubicumque poteris, in omnibus rectius teneatur (DAVID: 395). 69. In partibus Hispanie catholice fidei unitatem a sua plenitudine declinasse et pene omnes ab Ecclesie discipline ac divinorum cultu ministeriorum aberrase... (Hugo) christiane fidei robur et integritatem ibi restauravit, simoniace heresis inquinamenta mundavit et confusos ritus divinorum obsequiorum ad regulam et canonicum ordinem reformavit (DAVID. 396).
70. A pretensión, que baseaba na hipótese de ser terra evanxelizada pola igrexa de Roma e nunha suposta doazón do emperador Constantino das partes occidentales do imperio, chocaba coa existencia aquí de reinos e reis soberanos e pola ausencia de tributación fiscal ó Vaticano; pero o papa interpretaba isto como consecuencia do descoido dos anteriores papas e mais da invasión musulmana que interrompera a comunicación. En calquera caso, o papa pretende ser el quen coroe os reis, esixirlles promesa de fidelidade á Sé de Pedro e recibilo compromiso de lle pagaren o censo. Afonso VI nunca obedeceu iso pero a existencia do primeiro rei de Portugal puido ter que ver con este asunto (DAVID 1947: 381,424). 71. Pierre David (363372) describe a intensa participación de Cluny na creación do clima de cruzada entre os cabaleiros aquitanos e borgoñóns e cómo parte do botín de guerra ía parar a Cluny, a SainteFoi de Conques e a N.Dame de Puy. 72. Confluía o interese da Orde de buscar novos recursos económicos co interese dos reis de contar coa axuda dunha organización que propagase unha disciplina clerical. O primeiro centro en entrar na órbita de Cluny é Ripoll (1008). Seguiron S. Juan de la Peña (1020), S. Salvador de Oña, S. Millán de la Cogolla e S. Pedro de Cardeña (contra 1030), Nájera (1052), Dueñas (1073), Carrión (1076), Sahagún (1079) Cómpre, non obstante, recoñecer que outros mosteiros de espírito aínda que non de obediencia cluniacense teñen tamén a súa expansión: entre eles destaca a influencia en Cataluña da abadía marsellesa de S. Víctor. (DAVID: 359 ss.). 73. Lémbrese a mentada carta papal de xuño de 1077 a tódolos reis e príncipes de Hispania. 74. Proxectada en 1073 baixo o mando supremo do papa, non se realizou como estaba previsto, porque non se podía levar a cabo sen a axuda dos reis hispanos, que, de participaren, estarían renunciando á soberanía dos seus reinos en favor do poder papal. O que se fai é axudar Cataluña (e ese é o clima das cancións do ciclo de Guillerme d'Orange) e Aragón (e por iso a Chanson de Roland fala de Zaragoza e da ribeira do Ebro pero non do camiño de Santiago). No fondo limitouse a protexelas fronteiras do Languedoc e da Aquitania e por iso dela non nace ningún reino vasalo da Santa Sé. 75. Xa se prometera coa Águeda, filla do dique de Normandía, pero casou con Inés (+1078), filla do duque de Aquitania, despois con Constanza (+ 1093), filla do duque de Borgoña; despois con Berta do Piemonte (+1100); con Isabel (+1078) francesa; e finalmente con Beatriz, tamén france
Nº 362
310