Documentación
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
k cando unha palabra queda cortada en fin de liña, aparece un trazo curvo (1,58; 2,12) para indicala continuación na liña seguinte; algunhas liñas rematan cun punto que non responde a nota rítmica nin lóxica, como acontece cando a palabra final é un et. 52. a algunhas hastas na parte superior xa non se limitan a ter ese retoque en forma de espátula levóxira, senón que aparece unha especie de bifurcación en galla (celestis doni 1,46); b só aparece unha vez o e caudato (típico dos séculos XXI) para reproducilo ditongo ae; no resto dos casos reprodúcese sempre como e (1,54); esta vacilación tamén se ve no Calixtino; c O f diferénciase do s en que o f ten un trazo medio horizontal máis pronunciado, como se pode ver en 1,50; d non se distingue entre u vocal e v semivocal pero o u maiúsculo tende a ser V: Vade1,31 (peroUade 1,10); REGVM 1,3; Vt 2,17 e 18); e numerosas abreviaturas que, como é lóxico, non se realizan baixo a notación musical; véxase, coma tal, o melisma de manibus (2,46); f O y con punto enriba (1,54) tense por característica de textos serodios de carolina (MEDIAVILLA 1993:150); en Galicia vémolo en 1153 en Oseira e, por suposto, no Calixtino. 53. a a impresión global é a dunha letra redonda porque se evitan os ángulos, pero analizada cada letra xa se percibe un certo contraste entre o trazo groso e o fino (maiormente na letra tradicionalmente máis pequena baixo a notación musical) e unha tendencia a ligalas letras mediante a prolongación da curva baixa da hasta dereita con que se remata a letra; b presenta dezaseis capitais 4 A, 1 D , 1 F , 1 H, 6 I , 1 P , 1 Q , 1 S, con deseño que nunca repite, sempre en tinta rubia coa excepción do H que esta feito con tinta negra. As do folio 1 son todas contorneadas menos o D , e as do folio 2 son todas compactas; é importante que se fai a decoración case sempre multiplicando o trazo curvo uncial (BATTELLI 1999:209); c ten dous tipos de r, un o carolino recto que prolonga un pouquiño a hasta por baixo da liña de escritura (que tamén vemos en Oseira en 1153 e na minúscula irlandesa) e outro redondo, cando a letra anterior é o, como se pode ver en corporaliter (1,53) ou en Corinthios (2,7) pero aínda non, como é habitual na góti
ca, despois de b,d,g,p); do s curvo en posición final ou inicial xa se encontra en Francia no século X: aquí aparece case curvo (oculis 1,8) ou completamente curvo en posición final (sinceris 1,53), pero tamén aparece na inicial maiúscula (Sacrificiis 1,43; Super 1,46, Sicut 2,17; Si 2,58, Scriptum 2,59) e, sobre todo, unha vez en posición medial (Ysayae 1,54). 54. Boa parte do Calixtino escribiuse cunha pluma máis grosa. 55. No caso de que se poidan aplicar aquí as palabras xeralizadoras de Battelli (1999:38) que di La morbidezza, la pesantezza e il colore dipendevano dal sistema adoperato nella preparazione, che non era uguale dappertutto. Così, p. es., si può distinguere la pergamena fabbricata in Italia e in Spagna, bianca e sottile, da quella della Francia e della Germania, più grossa e scura, delle Isole Britanniche, scura e grossa, quasi vellutata. 56. Tamén alí se rexistra a simplificación de consoantes xeminadas e mailo uso da palabra karitate. 57. O Antiphonale missarum sextuplex recolle estes documentos do uello fondo gregoriano. 58. Poden verse en HOURLIER (6467) reproduccións de diversos intentos que non triunfaron. 59. Posteriormente sería Bononcini no século XVII quen por eufonía modificou o ut, que aínda ten . uso en Francia, por do. 60. A abadía francesa de SaintPierre de Solesmes, preto de Le Mans, da que é irmá a burgalesa de Silos, ten o mérito de sela que no século XIX intentou restaurala verdadeira imaxe do canto gregoriano mediante o estudio paleográfico dos mellores manuscritos. E posteriormente nesa mesma abadía naceu a Semioloxía gregoriana, unha disciplina creada e perfeccionada sucesivamente por dous frades da mesma abadía, dom André Mocquereau (fins do XIX) e dom Eugène Cardine (19051988). Esta disciplina confronta os máis antigos textos da escrita neumática (expresiva) cos da escrita melódica con pauta; e desa confrontación pretende deducir unha nova redacción musical que precise ó máximo tanto a melodía primixenia como as indicacións rítmicas e expresivas que fornecían as notacións neumáticas (SAULNIER 1995:123). Froito deses traballos son o Graduale Romanum (1908), o Antiphonarium Romanum (1912), o Liber Usualis (1953) de uso masivo en catedrais e seminarios e, tralo Concilio Vaticano II (19611965) o Graduale triplex. Aínda que, como recoñece o propio dom Daniel Saulnier (SAULNIER 1995:14), no gregoriano non estamos sempre en condicións de encontralo arquetipo primitivo, senón só o arquetipo de difu
309
Nº 362