Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Non lle deas de beber ó sedento: a súa sede é pozo que non ten fondo, ferida que non couta con auga, só con lume... non enterrar ós mortos. Esta terra non é un código incivil de enterramentos... Ollo por ollo, pobo meu, é hora De vingar as aferentas que nos deron...23
Este procedemento estilístico e expresivo repítese nos poemas que xa inician o proceso desde o mesmo título, como ?Nova crónica de Ulises?, ?Itaka?, ?Circe?, ou mesmo o apartado titulado ?As armas e os barôes assinalados? coa presencia de Camôes. No último poemario, o máis ensimesmado do autor, recorre á autocita nun desexo de regreso, de fuxida final:
quero volver á simples moradía que un día fixen no dintel do vento, á terra de labor, xa feito cinza para pular na saiva, e ter de novo os paxaros na man...Ese outro tempo!24
Un caso excepcional de intertextualidade é o poema ?María? no que Avilés, guiado pola lectura da novela de J. Isaacs, interpreta a través dun discurso metaliterario o clima romántico no que se desenvolve a obra. Deixamos, finalmente, como definitiva integración no seu propio corpus literario, este exemplo significativo: Avilés titulou como ?Pórtico? unha serie de poemas introductores dun determinado apartado da súa obra, xa iniciando un libro coma As Torres no Ar, ou os ?Poemas soltos a Maricarme Pereira? ou ben ?Os poemas da ausencia? incluídos no libro O tempo no espello. Tódolos poemas que levan este título comparten unha certa preocupación por establecer unha poética, un novo estado de ánimo que marcará dalgún xeito o grupo de poemas que seguen. Así, no primeiro ?Pórtico? o descubrimento do amor, pasa a fronteira da intimidade descuberta e paradisíaca. No segundo poema homónimo, a ferinte presencia da ausencia da terra marcará o apartado anunciado. No terceiro ?Pórtico? a figura da nai, Lela da Pastora, da sentido ó sentimento telúrico da vida creando un extenso mundo de solidariedade. Pero no poema que lle segue a este ?Pórtico? de As Torres no Ar, retoma Avilés o mundo aquel no que collido da man da amada chega ó ?bosco? do amor:
Ven da miña man, amada, ensinareiche o bosco: o pórtico máis amplo ábrese ós nosos ollos e escomenza o marmurio dos oboes.25
37
Nº 364