BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudios e investigacións sobre Avilés de Taramancos
Por este sinxelo procedemento, Avilés, sen renunciar ós elementos esenciais da súa poética ?sensualismo, erotismo, léxico esencialista e substantivo está a reivindicar liberdade para o seu pobo. Atravesa toda a obra de Avilés a presencia dun ?pailebote branco?, que é unha de tantas homenaxes a Manuel Antonio, ademais do explícito pranto que figura entre os seus primeiros e dispersos poemas. Outro tipo de intertextualidade, integrado no seu propio discurso poético aparece no apartado ?Os poemas da ausencia. Segunda parte? do libro O tempo no espello:
Campanas de Bastabales miña nai arrola un nenoRosalía non afíes na miña gorxa o coitelo (p. 115)
Se nesta primeira parte do poema están evocados os versos de Rosalía, ata con ritmo de cantares, na parte final amósase a presencia de Pondal:
E ti campana de Anllóns Campana con voz de ferro: Bergantiñán non me esquezas Dáme unha man compañeiro Que ando polo mundo a tombos E quero volver ós eidos. (p. 155)
Parece evidente, desde o mundo poético de Avilés, que lles concede á obra de Rosalía e Pondal a categoría de textos fundacionais, se valorámola súa repetida presencia:
Antre o queixume dos pinos, antre as sómas do luar, anda tua ialma perdida ¡ti non morreches irmán!21
Noutras ocasións a intertextualidade está empregada con fins paródicos coma no poema ?O pater noster de Biafra?:
Señor Deus: Quen coma ti que vive tan na altura que non lle chega a fame de Biafra. Os Ibos rezan a cada hora o Pater Noster: Señor que estás nos ceos santificado que tes pantrigo e leite e marmelada deixa caír frangullas do teu reino...22
Abonda este tipo de intertextualidade tamén na entrega que o poeta fai co título de ?Obra inmisericorde?:
Nº 364 36