Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
como as purgas e sangrías, daquela moi utilizadas, había que criticalas e desbotalas, xa que non facían máis que poñer atrancos a esta acción das forzas naturais. Desta época son as fortes e duras descualificacións do persoal sanitario, ós que chegou a chamar de todo: ?sopistón corrido e famélico, cursante de la muerte, catedráticos de silogismos? etc. A segunda etapa, que se caracterizou polo interese na aplicación de remedios procedentes da natureza, sobre todo de plantas medicinais, conecta perfectamente co descubrimento do mundo natural que experimentou despois da viaxe a Galicia, ó tempo que non supoñía contradicción ningunha coa simplicidade dos remedios terapéuticos que propoñían os neohipocráticos do período anterior. En paralelo a esta revalorización das menciñas naturais, nace tamén en Sarmiento a preocupación pola medicina popular, na que se atesouraban moitas prácticas tradicionais que había que rescatar para uso e coñecemento xeral delas, pero tamén e, sobre todo, para que os máis necesitados tiveran remedios baratos e alcanzables, e como el dicía: ?probaré que en sola esta planta ? a Seixebra ? tendrán los pobres una Botica entera, sin costarles un maravedí?. Probablemente foi no relativo ás aplicacións agrarias onde Sarmiento se significou máis na defensa das tradicións seculares, considerando que calquera cambio nelas podía resultar perigoso sobre un sistema de cultivos, do que dicía, que ?a repetidas experiencias está ya acomodado a estas o a los otros terrenos?. En coherencia con estas formulacións rexeitou as prácticas de ?la nueva agricultura? que propoñían os agraristas ilustrados e que tiñan como aspectos máis salientables a mecanización intensiva, a eliminación do abono orgánico e o emprego das margas como correctores dos solos. Así mesmo, criticou a desvinculación da gandería coa agricultura, como era o caso da Mesta, e propuxo que non puidese ter gando quen non posuíra un anaco de terra. Como bo benedictino, defendeu a fondo a roturación dos montes, considerando a persistencia do bosque como un sinal do atraso das explotacións: ?siempre seré del dictamen ? dicía que, exceptuando algunos bosques para la diversión de las personas reales todo lo demás de España se debe cultivar?. Analizada cos ollos de hoxe, a visión que Sarmiento tiña da agricultura atópase nela unha mestura de medidas arcaizantes (como a das roturacións) con outras que deberían supoñer unha mellora evidente do nivel de rendementos. Por outra banda e, nalgún escrito da madurez, en aberta contradicción coas súas formulacións habituais sobre os temas agrarios, defendeu a renovación dos cultivos, as aplicacións da marga e, mesmo fixo a recomendación de que nas escolas se lera o libro do inglés Tull, iniciador e promotor de ?la nueva agricultura?. Este xogo de interpretacións contrapostas podería ser tamén o resultado das propias contradiccións internas de Sarmiento, nas que o seu talante natural, aberto á modernidade, tiña que convivir tamén coa necesidade de defendelo sistema tradicional de propiedade dos mosteiros benedictinos, segundo o cal as prácticas agrarias constituían unha peza esencial do ben callado entramado socioeconómico destas explotacións. Finalmente, en relación co tema pesqueiro, Sarmiento adiántase ó seu tempo, demostrando, primeiro, coa decadencia das pesqueiras de atúns con almadrabas e, despois, co preito dos cataláns nas rías galegas polo emprego do sistema arrastreiro da ?xáve209 Nº 363