25.07.06
acto da entrega da Medalla de Galicia á Real Academia Galega por parte do Goberno galego, o día 25 de xullo de 2006, supuxo o encontro histórico de dúas institucións que teñen un obxectivo común: facer país. A Academia permaneceu durante moitos anos como a única institución encargada de velar e preservar a lingua e a cultura galegas. Foi unha encarga dos galegos emigrados, que depositaron na institución que eles mesmos patrocinaron as súas arelas de rexeneración e afirmación. O encontro inevitable entre a institución cultural e a institución política demorouse dabondo por mor da guerra de 1936, que frustrou as lexítimas aspiracións do pobo galego plasmadas no Estatuto de Autonomía. A Medalla de Galicia supuxo, xa que logo, o encontro necesario entre dúas institucións imprescindibles para construír o futuro.
O
227
Nº 368