Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
a construír unha elexía que personifica estes elementos e que sitúa a voz poética na situación e sentimento de perda, de loito e de dó:
O ARBRE SECO Adeus, arbre de anos feito! dinche as xeadas que che queimaron, o sol que che quentou i o vento que por ti pasou. Donde... aquelas noites frías con mirada branca pola neve? Agora outra, como aquela de aqués días, mirarás encendido pola dor o noso rostro que chegadiño a ti, vela no lar a túa última coor... (Mariño 2006: 80)
O outono trae á obra de María Mariño o sabor do romántico devalar da vida no profundo do souto, tempo do acougo agoniante, previo a toda disolución. Así, para Mariño o outono ?creba? o tempo e permite a accesión ó canto dos poetas. Tempo do recollemento, ?O noso outono non brila, no ten de ouro a mirada./ O noso outono soio ten o silencio da chamada...? (Mariño 2006: 95). É esta, xa sabemos, chamada da vella voz. Unha vella voz que percorre na primavera os sendeiros ?ruxindo? alegremente, a que fai cantar o cuco, a que estende o camiño longo da vida ante nós, un tempo ?fiel?, para María Mariño, que en ?Abril? oe dun ?infinito?, ?un harto crecer en lleno?. E na total plenitude da vida que renace en ?MARZO?, pode oírse este rexudir: ?vuelve la noche al día? (Mariño 2007: 165), ou simplemente, en ?ABRIL?, todo fala e todo cala:
Muerto helecho pregunta: De dónde viene este amor? Florece en él todo en vida! Todo calla. Nada se oye. (Mariño 2007: 166)
O quietismo total chega á calor de ?AGOSTO?, intre de ?Solos?, recóndita calor das palabras retiradas á oración e ó descanso, paz do campo que non é traballado, hora da contención do alento na onda das altas temperaturas e na recepción afastada dun eco, pois ata os camiños ?cantan? a súa soidade:
Quieta sigue la noche. Ora el mundo del sendero. Teje el día en su retorno. Guarda el aire voz de aliento.
99
Nº 368