BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
fractura nin fenda nin lonxe nin poder destrutor. Na Vida somos, como quere María Mariño, un ?soio latido?:
Ouh Natureza pequeniña e longa, hoxe téñote na man, cinguidiña ós meus dedos de terra, puño xusto da miña forza, soio latido. (Mariño 2006: 154)
E esta poética solidaria e solitaria, rodeada porén de todo o existente, María Mariño manifesta unha profundidade tal que a leva a poetizar mesmo o mundo subterráneo. Tamén a súa poesía é un mundo subterráneo que sae maxistralmente á superficie por fugas a alta presión. Ese, que ela denomina ?mundo dos furados?, transmítelle unha voz escura do fondo xeolóxico, mesmo sen saber de onde procede, cal é a súa máxica orixe: ?canta un cantar que eu aprendín/ Eles saben o que cantan i eu non sei a quen llo oín? (Mariño 2006: 113). O mundo total de María Mariño é un ?Mundo de todos?, un mundo dos furados a terra profunda que entrega o que ten, dadora de si mesma: ?Erguédevos,/ erguédevos no berro:/ ?Nós somos os que damos!? (Mariño 2006: 182). O mundo ?dos bichiños todos?, que medran ocultos na súa razón subterránea, ese mundo canta tamén para María Mariño un himno na noite, cantan ?erguidos de sabelo todo? (Mariño 2006: 182), na consciencia plena do existir. María Mariño percorre a Natureza que se concreta e encarna na montaña do Courel de arriba a abaixo, de dereita a esquerda, xira para ver o círculo completo da súa maxestosa realidade e perfura o seu senso ata o fondo mesmo alí onde a rocha inaugural do Courel se forma desde o principio dos tempos. A poesía courelá de María Mariño é unha verba que non se impón, senón que expón, unha verba que non define, senón que escruta e interpreta. Non pretende ser unha voz definitiva ou conclusoria senón unha Verba que comenza, abraiada ante o mundo natural que a rodea, extasiada ante o propio don. Contén a imperfección da beleza máxima e a pureza de todo o que non se pretende puro. María Mariño olla cunha mirada admirativa o simple decorrer do tempo, a estrutura cíclica dos días e as estacións parece marcar tamén o seu propio ritmo, nunha actitude de aceptación do inescrutable. Nese senso, hai que advertir a abondosa poetización das estacións e mesmo dos meses, que atravesa toda a súa obra tanto en galego como en castelán. A presenza do inverno sitúanos ante a total intemporalidade: ?inverno vello sin anos? (Mariño 2006: 77), dirá María Mariño, idade do final das idades, descrepitude repetida ata a o inicio de si mesma. Unha descrepitude que leva no seu seo a posibilidade da morte. A presenza importante de Tánatos na obra mariñá responderá igualmente a unha metaforización natural e a unha aproximación telúrica. As súas visións da morte relaciónanse a miúdo coa contemplación dunha árbore ou dunha folla secas. Ámbolos dous motivos aparecerán na obra en galego coma en castelán. María Mariño procederá
Nº 368 98