Estudos e investigacións sobre María Mariño
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
esquecido entre muros lentos, entre pozas, terrasmiñocas, entre mundo de sapos e calexas de lúa. Farto! O teu nome leva e dá. Dá mareas de verbas feitas, dá cantiga que se escoita, dá á terra voz e fala, dá a cada un dos tempos seu dono, dá larganza ?peito de bríos. Vein vindo a luz aquela que ti encendiches e non se apaga. Sol! (Mariño 2006: 159160)
María Mariño chega pois á senda fusional por camiños seguros. E igual que os antigos vates deviñan seres totais en radical comuñón co mundo natural, tamén ela advertirá desta nova realidade ontolóxica: ?Son a chuvia, son a neve, son o vento da xeada? (Mariño 2006: 108), mesmo se os seus sentidos ou entendemento non están aínda acostumados á experiencia fusional que trastoca o cerne do ser: ?Miro, miro e non vexo./ Sinto, sinto e non teño./ Oio lonxe e non entendo? (Mariño 2006: 108). E neste senso demanda á natureza un poder de voz, unha expresión que poida transcribir a mensaxe da ?vella voz? que satura a súa recepción de signo intuitivo: ?Naturaleza soia, trai de ti unha compaña,/ trai algo que sea novo da voz vella que me fala! (Mariño 2006: 108). Na pura contradición, o seu ?sentir? é unha realidade de difícil comprensión, ?con vida e sin vivir?(Mariño 2006: 87). As palabras de María Mariño que tentan ?representar? como signos verbais a Natureza son para ela un ?vestido feito por min?4 (Mariño 2996: 143). Tellus asístea de tal modo que sen ela perde a súa razón mesma de ser, o sentido final da súa existencia e a dor ou o peso do mundo vólvese insoportable:
Fuxe o meu peito de min si ela non cómpre ó redor. Lonxe dela non me fai o corpín, non pode ca lousa o meu cor. (Mariño 2996: 143)
Na terra radica pois, a forza e o pulo destas palabras nacidas na terra. A poeta recoñece que os seus son ?dedos de terra? (Mariño 2006: 154). As palabras de Mariño á natureza son as da ecoloxía amorosa, as da comprensión profunda, as da tenrura dunha filla para unha nai ou dunha nai para unha filla, solidaria e próxima, integrante unha da outra, continuación física dos seres, na integralidade que nega a escisión. Escisión que non hai na vida verdadeira, pois na verdadeira vida a totalidade do amor imponse sen
97 Nº 368