BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre María Mariño
Era a Lúa soia, era o sol que voces daba, era néboa envolta, era auga que corría, era vento, era a Terra toda. Uces e toxos crucei, crucei o mar desde o fondo, crucei pincheiras e cumes. Fun rolando río abaixo, erguinme, crucei dos pinos, das carballeiras, da pandereta, (...) (Mariño 2006: 169170)
Os elementos entregan a súa verdade a María Mariño, mesmo o envés das cousas se revela, por iso a plena comprensión permítelle ver un Sol que ?alumaba como a noite? (Mariño 2006: 129). O Sol, case sempre evocado en maiúsculas, semella unha presenza totémica na obra de María Mariño. Imparable e personificado, o astro adquire as calidades dun deus plenipotenciario dador de vida múltiple, mais tamén cambiante e diverso segundo os tempos e as estacións, nunca igual nin estático, pleno na súa natureza cíclica, como podemos ver no poema 7 de Verba que comenza:
Palpas os tempos. Lambes as terras. Trillas os días e vas andando, sin parar andando. Coxeas no outono ?meu arranque. Alóngaste no estío ?miña morte. Á primavera dáste, dáste a todos os que logo de ti se chaman. (Mariño 2006: 159)
Mais María Mariño internarase non soamente na natureza do astro solar senón que a súa paixón metapoética e metalingüística internarase polo vieiro da nominalización e asairalle ó paso á palabra. Solestrela devén termo do morno lume, un nome ?farto?, redondo e cheo, un nome tullido polo frío invernal, nome identificado coa cousa, nominalismo esencial, presenza pura da palabra encheita de realidade. Así pode María Mariño saber que o nome do sol ?leva e dá?, entrega ?mareas de verbas feitas?, voces e plenitudes na súa alta luminosidade, no grande claror da existencia, na feliz asunción da luz que dá alegría e forza ós peitos dos humanos. Luz que non se extingue, símbolo da permanencia e da frutificación, do avance da vida que nunca se apaga:
Tolle o inverno o teu nome, o teu nome ?morno lume, o teu nome farto i esquecido,
Nº 368 96