436 BOLETIN DE LA REAL ACADEMIA GALLEGA
pagaci?n na Peninsua hisp?nica ' da cencia folkl?rica por don
Ant?n Machado, ilustre fillo de Galiza, pai dos insines poetas
Antonio e Manuel, pubricando na ?Biblioteca de las Tradiciones
populares espa?olas?, que aqu?l dirix?a, unha chea de artigos
encol de recolleitas populares de outo inter?s, que ti?a de em
borcar no sonado Diccionario no que figuran ?dez mil seiscentos
vocabros, catrocentos sesenta refr?ns, proverbios e decires... e
duascentas corenta e duas cantigas? .
Colaborou en bolet?ns e revistas a eito con laboura que corn
pre seleccionar; e debo subli?ar a do ?Eco de Galicia?, que
nA Habana dirix?a Waldo Alvarez Insua, tam?n fillo de A Es
trada, saud?ndose a cot?o nesta colaboraci?n dous grandes es
tradenses.
Recibeu honras polos seus estudos e a Vilancosta chegaron
os nosmeamentos de membro correspondente da ?Academia Esj
pa?ola?, de Socio de M?rito do ?Folklore Galego?, de Xefe Su
perior de Adeministraci?n Civil. E all na soedade da aldea ben
amada, lonxe das barafundas, como gostaba Horacio, pechou
pra sempre os seus ollos az?es o petrucio Marcial Valladares
o 20 de maio de 1903, cando m?is ard?an as rosas de Vilancosta,
cando a sementeira do millo anunciaba unha nova floraci?n de
c?ntigas e chov?an nas augas do r?o Ulla as estreli?as novas
da primaveira de Galiza.
A sua alma pervaga por estes campos agarimados do seu
estro. All est? rubida no castro de Ribela pra ollar como os
centeos son peiteados polos aires sot?s que baixan da terra de
Montes; al? canta cara os lumiosos ceos de Acebeiro feita unha
laberca ma?anceira; al? arrola polos montes de Olives os castos
solpores da vella terra de Tabeir?s... Ela anda, como en vida do
esgrevio fillo de Galiza, namorada desta nobre terra da Es
trada, nova e vella a un tempo, tradicioal e progresiva que tan
ben conocia como eu a conozo, que tan ben cantaba, millor
do que eu podo cantala, como 61 certamente amaba como eu
certamente a amo, como ?l dende os outos espazos onde mora
a abenzoa pra que ela non desminta, nesta hora en que Deus
lle ofrece a Galiza as millones coiunturas, a sua executoria de
arcaz das millores tradici?ns da nosa l?ngoa; pra que nesta hora
en que a mocedade rende o seu fidel esprito a prol do rexurdi
mento da personalidade de Galiza, tam?n a mocedade estradense