BOLETIM DE LA REAL ACADEMIA" GALLEGA 435
medrado o ser;
cal rula e gaio
o souto deixan
e d?l se aleixan
a seu pracer,
as? ca ialma
de pesar chew
deixeite, aldea
mi?a, eu tameri.
Deixeivos, prados,
montes e outeiros,
fontes, regueiros,
contentos cen.
E fala coa ?A Fonte do PicoSagro?, cham?ndoa en ledas
quintillas que lembran a Noriega Varela, e que fan mentes das
historias vellas e das tradiz?ns do c?lebre Pico:
Fonti?a de humilde traza
en que o pastori?o ulldn
saltando pola carpaza,
a beber chega no vran
e ao lado teu se solaza.
E na m?is popular e belida das suas poes?as, a costumbrista,
descrebe ?A casta?eira en Santiago? nas ma??ns friolentas, de
neboeiro compostel?n, entre risadas de estudantes e de mozas
madrugadeiras.
0 Valladares novelista presenta na historia da nosa Literatu
ra unha singular fasqu?a, pois foi o autor da ; primeira novela
grande en galego, ? decir a primeira refenda que arrecada unha
estensi?n superior ao que se entende hoxe por un conto ou unha
novela curta. 0 seu tiduo de Maxina ou a filla esp?rea far?
ao seu, autor hist?ricamente o iniciador da novel?stica en lingua
galega, fac?ndolle , ocupar un lugar distinto na renacencia das
nosas letras.
Mais , en donde Valladares emprestou meirande servizo ?
nosa terra foi, con todo, na empresa de seitura das nosas c?nti
gas, dos nosos refr?ns, dos nosos modismos idiom?ticos, do
noso l?isico, en fin porque ista laboura culminou no seu Diccio
nario Gallegocastellano saido a lus en 1884. Na laboura de
acadamento de materi?s axudou nos primeiros tempos da pro