BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
Vimos que na versión castelá o lagarto se cobre con sete peles. No conto portugués do príncipe sapo vainas quitando unha a unha a medida que a noiva quita as sete saias que leva postas. É un motivo ?manexado tamén noutros contos que plasma de maneira enxeñosa a idea de que o pracer sexual compartido contribúe a superar o lado malo da persoa encantada. Nun soño a protagonista sabe como, ao casar co príncipe sapo, ha de actuar para que o rapaz deixe a aparencia monstruosa: ?Quando fosse na primeira noite que se fosse deitar, que ele tinha sete peles e ela levase sete saias e quando ele lhe dissesse: «Tira uma saia» lhe dissesse ela: «Tira uma pele». Assim foi e casou o sapo com a rapariga e na noite do casamento ele pediulhe que tirasse ela as saias e ela foilhe pedindo que tirase as peles e despois de ele as tirar ficou un homem? (COELHO 1834). Noutras palabras: ela vaise entregando a medida que el supera o seu lado innobre. «O rei dragón» mata a todas as súas esposas na mesma noite de vodas. A súa próxima noiva, a filla dun pastor, teme perder a vida, pero unha anciá infórmaa de cómo saír do apuro. Dille que en canto remate a cerimonia, antes de meterse con el na cama, poña dez camisas; que, antes de entrar na cama, pida un barril de salmoira, un barril de leite e toda a leña que poida levar un home nun brazado. Dille tamén que, cando el lle pida que se saque a camisa, ela lle esixa que se quite unha capa de pel, e así sucesivamente até que a ela só lle quede unha camisa e a el unha capa de pel. Nese intre o dragón xa no será máis que un anaco de carne sanguiñolenta. Entón debe mergullar as pólas na salmoira e golpealo con elas sen deixarlle nin un anaco san. Logo debe lavalo con leite, envolvelo nas nove camisas e abrazalo. A rapaza seguiu eses consellos e ?cando espertou tiña entre os brazos un belo príncipe? (DIEDERICHS xaneiro 8586). Neste conto aconséllase á moza, pois, ademais de gañar o amor do esposo malvado mediante a entrega sexual, que sexa á vez firme e cariñosa.
(DESENCANTAR) As persoas encantadas, a diferenza dos bruxos que son malvados contumaces, están baixo o influxo do mal só de forma transitoria. Poden superar as malas inclinacións se se esforzan; tamén co apoio de alguén que as queira. Xa que logo, para desencantar a outra persoa, é dicir, para que sexa normal, cómpre amala. Para saír do seu encantamento, as persoas enfeitizadas necesitan mostras de amor. O amor do outro é o que lles permite superar a súa condición, os seus problemas, os seus defectos. O protagonista de «O diamante» confésalle á súa prometida ?que o enfeitizaran unhas bruxas e que o condenaran a ser tartaruga durante o día e home durante a noite, coa condición de que, se unha rapaza aceptaba converterse na súa muller, correr mundo e soportar, durante certo tempo e por amor a el, toda clase de infortunios, o embruxamento romperíase e el podería volver a ser o que fora, un home novo e fermoso? (DIEDERICHS abril 114).
Nº 365 204