BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
E o príncipe fuxíu da casa e botouse polo mundo adiante sen saber onde iba parar, mais tivo a sorte de meterse nun raíñado onde falou ca filla do rei e namoráronse un do outro. E a muller do príncipe andaba toda desgustada sen saber do paradeiro do seu home e botouse a buscalo por un lado e polo outro. Indo de camiño alcontrou unha muller vella que lle perguntou: ?¿E logo pra onde vas? ?Vou buscar ó meu marido que se me marchou. ?Pois mira, marcha de presa que o teu home vai casar ca filla do rei de aquil raíñado. E ti has facer de esta maneira: Colle esta mazá, esta pera e esta laranxa e vai porte nas escaleiras do pazo do rei. E primeiro abres a mazá e sairache unha roca e un fuso de ouro e brillantes e ti has fiar coiles hastra que pase a noiva do teu marido, e cando che diga se vendes o fuso e a roca, ti dislle que non e que soio llos das se che deixa dormir unha noite co seu mozo. A muller do príncipe foi andando e chegou o pazo do rei e púxose nas escaleiras co fuso e a roca, e pasou todo asegún dixera a vella. Non lle gostaba moito á filla do re rei que aquela muller se deitara co seu home, mais por fin, como se lle antoxaran a roca e o fuso, deixou que dormiran xuntos. Mais á noitiña, a princesa deulle ó príncipe lagarto unha auga dormideira para que en toda a noite non falara coela. Deitouse a muller na cama co seu home e díxolle: ?¿Pero ti non me conoces? Mira que son a tua muller de denantes, a que che queimou o vestido. Fálame, non me mates porque xa ando moito tempo perdida se saber de ti. Mais il dormía e non lle contestaba. Veu a mañá e ela ergueuse e o quedou sen saber nada do que pasara. Iela entón volveu á escaleira do pazo e abriu a pera e sacou un sarillo de ouro e brillantes, máis bonito aínda que a roca e o fuso e púxose a ensarillar e cando pasou a princesa e antouxóuselle o sarillo, ela díxolle que non llo daba senona deixaba dormir outra vez co seu noivo. E deulle o permiso. Mais volveron a pasar as mesmas cousas que a noite anterior porque a princesa tamén lle deu auga dormideira ó seu mozo, e a pesares de que a muller toda se mataba a falarlle il non lle contestaba cousa ningunha. Iergueuse e marchou con moita pena. Pero o goardia que gardaba o pazo díxolle ó principe que xa había duas noites que estaba coil unha muller na cama e que lle falaba e lle decía se non se acordaba de cando estaban casados, se nona coñecía e que se fose coela. Entón il deuse de conta de que era a sua primeira muller. Entrementras ela volveu porse na escaleira do pazo e abriu a laranxa que era o último que lle quedaba e sacou unha devandoira de ouro e brillantes. Pasou a filla do rei, viuna e antoxóuselle, mais a muller díxolle que non a daba se nona deixaba dormir outra noite co seu mozo. E a princesa respondeulle que si. Mais de aquela o príncipe, en vez de beber a auga dormideira, botouna polo peito abaixo. Iestando na cama volveu a muller a porfiarlle se non se acordaba de ela e de aquiles tempos pasados. que lle falase, que nona fixese sofrir, que se non lle falaba aquela noite que ela xa estaba perdida. Il ben ouvía, mais non lle decía nada nin llo dixo tampouco en toda a noite. Cando foi día, o príncipe ergueuse e marchou xunto ó rei de aquil raíñado e falaron. E dixo o príncipe: ?Eu teño un baul e perdinlle as chaves e agora figuen outras novas. Sua maxestade me dirá coales son millores, as que tiña ou as que figuen novas para mesma pechadura. E o rei respondeulle: Millores son as que eran nativas do baul. E contestou o príncipe: ?Eu era casado, deixei a muller e vin por aiquí, mais agora apareceume a muller. Xusto é que me marche coela e que deixe a sua filla. O rei quixo mudarse, mais por fin tivo que cumplir o que denantes dixera e deixar ó príncipe lagarto que marchara na compaña da súa primeira muller.
Nº 365 198