25.07.06
gravemente sobre a imaxe social da lingua e sobre o seu proceso de normalización. E, dígollelo francamente, creo que se a Academia foi capaz de poñer de acordo a profesores, escritores, lingüistas e filólogos arredor da normativa, mal será que os partidos políticos galegos non sexamos capaces de poñérmonos de acordo sobre a reforma do Estatuto. Unha reforma necesaria para actualizar o conxunto de dereitos e deberes, procedentes dos valores que historicamente, nos unen como galegos, que van medrando ao compás das transformacións que experimenta a sociedade. Aos valores tradicionais da sociedade galega: amor polo traballo, sentimento da terra, amor á lingua e á cultura debemos sumarlles hoxe, os valores incorporados pola nosa historia máis recente: a liberdade, a convivencia en democracia, autogoberno, dignidade colectiva, conciencia ambiental, vontade de desenvolvemento económico e de progreso social e responsabilidade cívica. Ben apegados á terra que nos proporciona a enerxía necesaria, respectuosos co legado dos devanceiros, erguemos a vista cara ao horizonte para abrir novos camiños e novos horizontes. Demos un paso adiante e iniciamos a revisión do noso Estatuto de Autonomía, a norma que, durante o último cuarto de século, estableceu un excelente marco de convivencia democrática. Propoñémonos avanzar no autogoberno, anchear a nosa capacidade de decisión sobre os propios asuntos, mellorar o sistema de financiamento autonómico e dispoñer de instrumentos de participación noutras esferas políticas. E propoñémonos facelo co concurso de todos, sen deixar a ninguén fóra da casa que pretendemos rehabilitar. Unha casa na que se recoñezan todos os galegos e galegas, que a sintan como propia, pero aberta, hospitalaria e solidaria coas que habitan os demais españois. Máis ca un texto legal, gorentamos crear unha forza centrípeta que non deixe a ningún galego á marxe deste proceso colectivo.
233
Nº 368