Medalla de Ouro de Galicia
declaracións ben intencionadas e institúese ela mesma en materia da acción e da preocupación institucional, nun asunto de país. Nun día coma hoxe, nun día que nomeamos lexitimamente Día Nacional de Galicia, é bo que lembremos a importancia que ten a lingua galega, o obxecto de traballo e estudo da Real Academia Galega, na conformación da nosa singularidade. Somos un pobo por moitas razóns. E unha das máis poderosas é que posuímos unha lingua propia, que é como dicir a nosa propia e matizada versión do mundo. Galicia sería outra cousa sen a súa lingua, sen a cultura que nela se expresa e mesmo sen a cultura que, desenvolvida en castelán, ten a súa orixe e a súa entraña no idioma galego e na vivencia de Galicia. Contar con institucións como a Real Academia Galega, dedicadas a fortalecer e ilustrar un sinal de identidade tan inequívoco como a lingua galega, é unha necesidade e unha sorte para a construción do país. E que a Real Academia Galega chegue a este seu centenario rodeada dunha aura de tranquila esperanza, de proxectos novos, de pulos modernizadores e de confianza no futuro é un excelente síntoma non só para a saúde da institución, senón tamén para a nosa confianza no futuro da lingua galega e de Galicia. Na nova etapa histórica inaugurada hai pouco máis dun ano polo goberno que me honro en presidir, temos necesidade de institucións que sexan á vez fortes e próximas, que interactúen continuamente cunha sociedade que é a súa máis fundamental razón de ser. De institucións que sexan capaces de liderar e tamén de escoitar, de propoñer e de recibir propostas. Institucións abertas, capaces de dialogar e de chegar a acordos. Esta capacidade institucional para impulsar o diálogo e para favorecer o consenso foi a que mostrou aínda recentemente a Real Academia Galega, posibilitando un proceso de concordia normativa que desactivou case por completo unha situación que estaba pesando
Nº 368
232