Estudios e investigacións sobre o P. Sarmiento
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
13.
14. 15. 16.
17.
18.
19.
20. 21.
22.
ademais lle dirixiu unha curiosa carta en galego. Causa unha certa perplexidade a soltura con que Pensado despacha o asunto no prólogo da súa edición: ?ante la labor monstruosa que supondría la colación de todos los manuscritos de que tenemos noticia, hemos preferido basar la que presentamos en dos manuscritos de tradición distinta y que se complementan mutuamente? (Sarmiento, 1970, 67). Inclúe a carta, o prefacio coas coplas e o comentario, pero este remata na copla 185. Pensado, en Sarmiento 1970, 67. Colección de muchas palabras, voces y frases Gallegas, que el año de 1745 oyó, leyó y observó en la villa de Pontevedra, el Rmo. P. Mro. Fr. Martín Sarmiento, en donde se ha criado, y en otras partes del Reyno de Galicia. 1745. O códice contén 52 fols., nos cales o prefacio vai do fol. 1r ó 4v, as coplas van do 5r ó 47r, e desde o fol. 47v ó 50v insírese unha ?Explicación de algunos vocablos antigos?. Custódiase no Museo de Pontevedra, coa signatura Sarmiento, 16, a pesar de que non aparece rexistrado no traballo de Filgueira Valverde, J., ?El P. Sarmiento en el Museo de Pontevedra?, Cuadernos de Estudios Gallegos XXVII [818283] (1972), 77113 (2ª ed., 1995). Máis adiante volveremos sobre esta copia, deixemos agora indicado que puidemos consultala, gracias á amabilidade do director do museo e as bibliotecarias, a pesar de atopárense os fondos da Biblioteca do Museo de Pontevedra en pleno proceso de traslado a unha nova ubicación; véxase Barbazán Iglesias, A. e Fortes Alén, M. J., ?Tratados e monografías?, en Valle Pérez, X. C. (dir.), Frei Martín Sarmiento (16951772), Pontevedra, Museo de Pontevedra, 2002; 28190, na p. 288. Nalgún caso, como o da secuencia [ao] en asta o ceo (1, 4) trátase de contracción de vocais, non de elisión. Débese ter en conta que o til agudo é para Sarmiento perfectamente equivalente e intercambiable co til grave: <é> non é distinto de <è> nin <ó> de <ò>. A segunda forma, coèllos, foi corrixida no Comento, como se pon de vulto nas nosas notas a rodapé do treito que reproducimos. Algún exemplo de corrección pode verse nas notas a rodapé do treito que reproducimos. En Sarmiento 1970, 69. Unha boa parte das observacións de Pensado sobre ?Grafía y pronunciación del gallego? (Ibidem, 4353) deben ser revisadas á luz do autógrafo. Tanto esta forma chega como a variante gráfica chéga de 5, 1, aparecen no Glosario como chêga.
23. Na contracción ao, en realidade o circunflexo vai sistematicamente colocado sobre a liña e entre as dúas vocais, non directamente sobre o . 24. As palabras sên e nêm están corrixidas sobre unhas formas anteriores sin e nin. ¿Realizaría o autor unha revisión da obra posterior á copia D? No Glosario, comenta Sarmiento: ?Sên, ò mejor, sêm, para la e cerrada?, ?Nên, y mejor Nêm, por lo dicho en sên?. 25. A ortografía de axiña merece esta glosa no Comento: ?Puse Axiña, con x, por atender à la pronunciacion sibilante Gallega; y porque no he visto escrita esa voz. Pero siendo cierto que si se escribe Agiña, tambien la gi se ha de pronunciar como xi, digo que para la orthografia recta se debe escrivir Agiña, y no, como puse à vulto, Axiña.? (pro ms.) 26. A grafía de coèllos aparece corrixida para coêllos no Comento. 27. Subliñado no orixinal. Continuaremos citando polo manuscrito, tal como se pode comprobar na edición facsímile que antes citamos. 28. Incomprensiblemente, Pensado na súa edición dá preferencia á forma errónea sobre a correcta. Mariño opta pola solución axeitada, aínda que confesa que non capta o significado do proverbio (Sarmiento 1995, 208, n. 207). 29. Sigo, con reservas, a lectura de Pensado, pois non consultei directamente o manuscrito. 30. Na definición de Sarmiento, ?es uno como tridente de cinco dientes con que se clavan las sollas, etc., y se arroja a los pescados como si fuese dardo? (Sarmiento 1973, 308). 31. Pensado, J. L., Contribución a la crítica de la lexicografía gallega, Salamanca, Universidad, 1977; 33132. Un botón de mostra: ?Suponemos que estos señeiros deben ser la contrapartida gallega de los 'señeros. Especie de Jurados de las Comunidades y Cofradías de Pescadores del Norte de España' [...] Es decir, estaban sin defensores, sin jefes y se podían pescar impunemente?. 32. Sobre isto, véxase Sarmiento, M., Onomástico Etimológico de la Lengua Gallega (ed. y estudio por J. L. Pensado), 2 vols., A Coruña, Fundación Barrié de la Maza, 1998; II, 3839 e 6364. 33. Tanto viegos como Aranguezo [sic] están reiteradas no Comento. Neste, o propio autor anota verbo da segunda: ?Arangueso por Aranjuez, que no puede pronunciar el Gallego? (pro ms., p. 484). 34. Endebén, D ofrece viegos no Comento. 35. Resulta significativo que Pensado non reparara na forma viegos que si aparece no Comento de D, e así pasase practicamente por riba do testemuño da Colección nas súas notas sobre gueada e
111
Nº 363