Exposición
Unha boa razón para visitar A Coruña X. L. Méndez Ferrín Debemos felicitar a X. R. Barreiro, a X. L. Axeitos, á Fundación Caixa Galicia, ao Grupo Revisión Deseño e ao equipo de sabios asesores, pola exposición Galicia, a forza da palabra conmemorativa do primeiro cento de anos da nosa Academia. Coa mostra no medio e medio do Cantón, estes días A Coruña exerce o rol da cidade histórica de Galicia que a saña paranoide de Francisco Vázquez pretendera borrar da memoria ao non conseguir a capitalidade autonómica. ?Se non somos capital de Galicia non seremos Galicia? ?xurara Vázquez, e unha parte considerábel de coruñeses apoiaron o separatismo?. Pro as realidades son teimosas. A Coruña é urba simbólica de Galicia e non porque estea aló a Delegación do Goberno, que sobra na cidade herculina e sobraría en calquera outra do País incluída a miña vella e episcopal Ourense e o Vigo que eu escollín para vivir. A teima arredista, antigalega e furiosa de Vázquez e dos seus seguidores esborrállase de seu cando na Coruña se poñen en vigor os sinais de identidade xenuínos. Digamos que a Academia Galega (así lle chamaron entre 1931 e 1936) sae do casón de PardoBazán, Rúa das Tabernas, colecciona os tesouros referenciais da Nación e invade a Pescadaría cunha exposición que pasará á Lenda. Daquela, e a partir do centro de irradiación que é a mostra Galicia, a forza da palabra, no Cantón, Coruña volve bombear substancia cívica e volve instruírnos a todos os galegos igual que nos días dos Precursores e nos días da erección do monumento a Curros Enríquez como referencia republicana e nacional. Magnificamente ben instalada, os ideólogos da exposición seleccionaron os obxectos da memoria. Eiquí o óleo de Dionisio Fierros que visualiza o campesiñado e a indumentaria do campesiñado que, anónimo, salvou o idioma da desaparición. Aló, a bandeira, con escudo e coroa mural, do Consello de Galiza que Castelao levara a París para
Nº 368
146