Alocucións académicas sobre o P. Sarmiento no Día das Letras Galegas
BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
SARMIENTO (2002): Sobre a lingua galega. Antoloxía. Fr. Martín Sarmiento. Selección, introducción, edición, notas e índices de Henrique Monteagudo. Galaxia, Vigo. SARMIENTO (2002b): Reflexiones literarias para una biblioteca Real. Edición de A. Valladares de Sotomayor en Semanario erudito XXI, Madrid 1789. Agora existe edición e estudio de José Santos Puerto. Consello da Cultura Galega, Santiago de Compostela. ÚBEDA DE LOS COBOS, A. (1997): ?Artistas, ilustrados y el Padre sarmiento. El 'Sistema de Adornos' del Palacio real de Madrid? en O Padre Sarmiento e o seu tempo. Actas do Congreso. Consello da Cultura Galega ? Universidad de Santiago de Compostela, 1997 1,359398.
NOTAS
1. Quen mire con ollos de artista o século XVIII dirá que foi un século faraónico porque aparecen en Compostela a fachada do Obradoiro e da Acibechería, o Palacio de Raxoi, San Francisco, Santa Clara, Conxo, San Froitoso, San Lourenzo, o Pazo de Bendaña, a Casa do Deán, a Casa do Cabido nas Praterías e no que San Martiño Pinario adquire todo o seu esplendor; na Coruña aparecen San Xorxe, San Domingos e A Pastoriza; en Pontevedra, a Peregrina. Fanse grandiosos os mosteiros de Monfero e Sobrado; Lourenzá, Samos e San Vicente do Pino de Monforte; Celanova, Oseira e San Estevo de Ribas de Sil; Lérez e Oia. Hai obras magníficas en parroquias coma As Ermidas (no Bolo), os Milagres do Monte Medo, Santa María a Real no Entrimo, Santa María en Caldas, San Bieito en Cambados, A Escravitude, a Virxe do Portal en Ribadavia; San Telmo e San Domingos en Tui, e Santa Liberata na Guarda. É o século dos arquitectos Casas Nóvoa, Simón Rodríguez e Ferro Caaveiro; e dos escultores, Castro Canseco, Miguel de Romai ou Xosé Gambino. Nas catedrais galegas o nivel musical era moi alto: na de Compostela con Vaquedano ou Melchor López o nivel estaba á altura das mellores cidades de Europa e só agora coa difusión das gravacións empezamos a percibilo. A mediados do século XVIII Galicia ten 1.300.000 habitantes, que non está mal, porque Madrid tiña case a décima parte: 180.000. A cidade máis grande é Ferrol, onde a monarquía borbónica crea un estaleiro e unha cidade para restaurala Armada española. Galicia que medrara no XVII gracias ó millo, viuse sacudida por tres fames que provocaron enfermidades, morte e emigración: o terrible inverno de 17091710 fixo que moitos campesiños corresen a refuxiarse ó abeiro das autoridades eclesiásticas e mosteiros. Houbo revoltas populares e o día de san Roque de 1709 os campesiños famentos
227
4.
2.
5.
3.
queimaron a casa do marqués de Monterroso. En Santiago concentráronse masas de pobres famentos e nin o Hospital Real nin o de san Roque daban abasto. O clero habilitou casas na Quintana e no Hórreo. Quizais isto axude a entender por qué uns meses despois Sarmiento marcha a Madrid e ingresa no mosteiro benedictino de S. Martín. En 1738 e 1739 escasísimas colleitas en toda Galicia debilitaron a xente e provocaron unha alta mortalidade. En 1748 repítese a crise e as autoridades relixiosas teñen que importar cereal de Castela. En 1763 choveu todo o verán e morreu moita xente no ano seguinte. O peor aínda estaba por vir: choveu case sen parar dende maio de 1768 ata abril de 1769, a fame foi tal que Santiago volveuse encher de famentos. Está por estudiar por que Pedro Xosé ingresa en S. Martín de Madrid e non en San Martiño Pinario de Compostela. ¿Foi a crise económica? ¿Foi que Madrid ofrecía unha formación intelectual de máis altura? ¿Encamiñouno aló o P. Feixoo? ¿Foi que alí ofrecía unha bolsa de estudio o Duque de Medina Sidonia, a quen posiblemente o pai coñecera en Vilafranca? Por dúas razóns. Porque reescribía un asunto engadindo novas informacións: así o tema da Carqueixa reescribiuno tres veces e, se a segunda redacción tiña 42 parágrafos, a terceira xa ten 212. Quien conozca a Sarmiento sabe que era incapaz de releer sus escritos. Lo que sí hacía era escribir otro nuevo, nunca remendar lo ya hecho. Las pruebas de este proceder son más que conocidas.
(PENSADO 19721995:15).
A segunda razón é que Sarmiento escribía como falaba, indo dunhas cousas noutras, co que dentro dunha obra hai longas digresións sobre tema definido (coma tal a súa crítica ás corridas de touros na Obra de 660 pliegos) que hoxe nós publicariamos como artigos independentes.
Nº 363