TUI A TRAVÉS DA FILATELIA, UNHA PAIXÓN DE DON XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ Carlos PérezFonterosa Antón
Secretario do Grupo Filatélico de Tui
Como secretario do Grupo Filatélico de Tui desta cidade, ao comezo da miña participación nesta mesa redonda, quero agradecer á persoa ou persoas que se lembraron de min para facer parte dela, neste congreso que se pecha en Tui, a cidade natal de don Xosé María Álvarez Blázquez, a quen este ano a Real Academia Galega lle dedicou o Día das nosas letras. Síntome moi honrado con esta distinción, por que xa desde os meus anos mozos sentín unha profunda admiración polo talento artísticoliterario dos irmáns Álvarez Blázquez, e de maneira especial polo hoxe homenaxeado e tamén polo seu irmán, o doutor don Darío Álvarez Blázquez, do que tamén tería que lembrarse a Real Academia nalgúns dos anos vindeiros. Non tiven a sorte de coñecer persoalmente a don Xosé María. Cando se foi para Vigo, por motivos xa coñecidos, eu era un rapaz, pero coñecía a súa faceta como filatélico. Si falei persoalmente con el en Vigo, no ano 1963, cando acompañado do amigo Manolo Lago, destacado filatelista vigués, e mais do cónsul de España en Valença do Minho, Xosé Luís de la Peña, lle fomos propor formar parte do xurado da primeira exposición filatélica de Tui. Na nosa cidade estabamos os filatélicos tudenses moi animados pola obtención, por parte do noso amigo Pepiño González García, do gran premio ?Instambul63?, que por aquelas datas era a maior distinción filatélica do mundo, polo que decidimos constituírnos en asociación. Nomeamos presidente ao avogado don Ildefonso Baquero Fortes, que tamén era Tenente Alcalde do Concello, o cal faleceu de súpeto un mes despois de ser nomeado, pasando eu a ocupar o seu lugar, e este era o motivo da miña presenza en Vigo. Lembro que tiña na rúa Xeneral Aranda, hoxe Pi i Margall que xa era con anterioridade, o seu establecemento, de nome Almoeda Monterrey, nun local cheo de libros vellos, material de escola para rapaces e outras moi curiosas cousas. Recibiunos unha señora, despois soubemos que era súa curmá, e foi o señor cónsul o que se deu a coñecer e preguntou por don Xosé María. A señora foi deseguida na súa procura nunha sala interior, e unha vez feitas as presentacións fixémoslle a nosa proposta, que el aceptou moi compracido. Como anécdota quero facer constar que ao coñecer don Xosé María a miña descendencia da familia Fonterosa lembroume a fonda amizade dos seus pais coa miña familia, especialmente co meu tío Bieito Fonterosa, que fora varias veces
209 Nº 369