BOLETÍN DA REAL ACADEMIA GALEGA
Estudos e investigacións sobre Xaquín Lorenzo Fernández
Con todo, os traballos efectuados deron pé a novas descubertas, de importancia e significación, e que agardamos sexan proximamente publicadas. Outro tanto podemos dicir do valor de traballos como os de Augas Santas ou Mixós e se hoxe nos aproximamos novamente a eles, veremos como de cada un deles se pode dicir o que González Reboredo presenta sobre a intervención en Augas Santas46 xa que o tempo transcorrido permítenos novas aproximacións e a reinterpretación dos resultados inicialmente acadados. Por eso, coidamos que o seu traballo segue a ofrecernos moitas posibilidades de aproximarnos a unha realidade arqueolóxica ben documentada, xa que se conservan anotacións, debuxos e fotos dos seus traballos así como os materiais das intervencións no Museo Arqueolóxico provincial de Ourense, que aínda pode suxerirnos novos datos e formas de interpretación.
NOTAS
1 Vicente Martínez Risco e Agüero,?Lembranza de Xurxo Lorenzo?, en Nós, 124125, abrilmaio, 1934. Descoñecemos o texto, que quizais se poida localizar entre os fondos de Risco na súa Fundación en Allariz, pero chama a atención o feito de que nunha data en que non había contribucións sistemáticas na Península ao tema, en Galicia se tivese a preocupación e o interese indicados, das que son amosega evidente as súas propias notas de campo e experiencias de reconstrución de pezas e estudo funcional, caso das vasillas cerámicas de Calvos de Randín ou as formas das cerámicas de Cameixa, como temos indicados noutras ocasións en charlas e artigos varios. Cfr. X. Rodríguez González: ?Don Xaquín Lorenzo Fernández. Actividade arqueolóxica?, en Raigame. Revista. Ourense, 2004. Tamén F. Fariña Busto e X. Rodríguez González: ?Dimensión arqueolóxica de Xaquín Lorenzo? en Xaquín Lorenzo Fernández. Unha fotobiografía. Vigo: Eds. Xerais, 2004. Alfonso Mato, O Seminario de Estudos Galegos. Sada: Edicións do Castro. 2001. Vicente Martínez Risco e Agüero: ?Lembranza de Xurxo Lorenzo?, en Nós, 124125, abrilmaio, 1934.
Nº 365
4
5
6
7
2 3
8
X. Lorenzo Fernández, Don Vicente MartínezRisco y Agüero. Día das Letras Galegas. 18 de maio de 1981. Ourense. Real Academia Galega. A Coruña, 1981, 16. Para as entrevistas destas datas pode verse M. Valcárcel: Concello de Ourense, Ourense, 2004, que recolle case a totalidade delas. Relátaa el mesmo en X. Lorenzo ?Cuevillas, etnógrafo?, en Homaxe a Cuevillas no seu LXXV aniversario. Editorial Galaxia:Vigo, 1957, 135138. A máis definitoria é na introdución do libro: Castro de Cameixa. Campañas 194446. Xunta de Galicia. Consellería de Cultura e Benestar Social. Santiago: 1986, onde se le: ?Faguía xa tempo, dende o ano 1924, que eu colaboraba con Cuevillas diste xeito; unhas veces soio, como nas necrópoles dolménicas de Maus de Salas, nas de Entrimo, nos castros de Troña ou San Cibrán de Las; outras veces na súa compaña coma na Vila de Calvos de Randín ou en Santa Marta de Velle?. Tamén Lino Braxe: ?Xaquín Lorenzo, Xocas?, en A Nosa Terra, nº 303, 6 febreiro 1986 Nas entrevistas, ademais do respecto e o recoñecemento, aparecen reflectidas as circunstancias do traballo e ata certos intereses comúns, alleos á arqueoloxía, como o que desvela nunha
64